Preguntas frecuentes sobre a campaña coa que se pretende dar cumprimento ao establecido no Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia 2010-2020
Que é, cando e por que naceu, que fai e quen compón EVILUSA, a empresa municipal de vivenda e solo de Lugo.
O Arquivo Municipal conta cun depósito de 370 m2, que alberga 3.200 m lineais de andeis, ou o que é o mesmo, 24.000 caixas de arquivo, que conteñen miles de expedientes, ademais de libros, planos, fotografías e outros documentos.
A normativa urbanística actual, chega a ser tan complexa, que ás veces non resulta fácil para o interesado ter a certeza de que a súa interpretación é a correcta e coincidente co parecer técnico da Administración.
Así mesmo, a atención ao interesado, xa sexa de modo presencial ou telefónico, polo prolixo da normativa de aplicación e a posible existencia de criterios dispares pode provocar que a mesma consulta sexa contestada de formas distintas por técnicos diferentes.
Sobre a base desas consultas realizadas á Administración municipal, que pode realizar calquer interesado, para preguntar sobre a interpretación ou aplicación da normativa urbanística, irase formando nesta sección unha base de datos de consultas, que, a xuízo do criterio técnico municipal, transcendan ao caso concreto e poidan resultar de aplicación a outros supostos similares para xeral coñecemento.
Esta sección constitúe unha ferramenta máis para a unificación de criterios que axude a emendar moitas incidencias que poidan xurdir debido á interpretación da normativa urbanística.
A difusión deses criterios de carácter xeral, en ningún caso ten carácter vinculante.