Preguntas frecuentes sobre a Biblioteca Municipal

Toda a información respecto do servizo municipal de bibliotecas:  onde está a Bibloteca, como se accede, que horario ten, cales son as normas de uso, como funciona o prestamo, que materiais se poden consultar en sala...

Onde está a Biblioteca Municipal?

A Biblioteca Municipal atópase no interior do Parque da Milagrosa, fronte ao Auditorio Municipal Gustavo Freire.

En que horario funciona?

Horario regular

Luns a venres, 10:30 - 14:00 e 16:30 - 20:00
Do 16 de setembro ao 31 de maio

Horario de verán

Luns a venres, 9:00 - 14:00
Do 1 de xullo ao 15 de setembro

Como se accede á Biblioteca e aos seus servizos?

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto.

Para a utilización dalgúns dos servizos, como o préstamo a domicilio ou o de novas tecnoloxías, os usuarios deberán estar en posesión do carné de lector.

Os menores de 9 anos que deberán acceder á Sala Infantil acompañados dunha persoa adulta.

Que é o Carné de lector?

O carné de lector é o documento que lle posibilita ao usuario o acceso á serie de servizos que ofrece a Biblioteca, como son o préstamo a domicilio, o uso de Internet, o préstamo en sala de algúns fondos, etc.

O carné de lector é persoal e intransferible. 

Cales son os requisitos para obter o Carné de lector?

Os requirimentos para o carné de lector son:

  • Cubrir o formulario de solicitude e entregalo no mostrador da Biblioteca.
  • Dúas fotos recentes tamaño carné
  • Fotocopia dun documento oficial (DNI, Pasaporte ou Carné de conducir).
  • No caso de persoas que no teñan a nacionalidade española, é necesaria a presentación do Permiso de Residencia ou Pasaporte.
  • Os menores de 14 anos deberán presentar a autorización firmada por pai/nai ou titor/a.

É necesario mostrar un documento de identidade para recoller o carné.

É necesario manter actualizados os datos de contacto do Carné?

O cambio de domicilio ou teléfono por parte do titular do carné de lector debe comunicarse á Biblioteca. A non actualización deste dato suporá a anulación do carné. 

 

Como actuar en caso de extravío do Carné?

En caso de perda, o usuario deberá comunicarllo de inmediato á Biblioteca para evitar que se faga un uso indebido do mesmo.

Cales son as normas de uso da Biblioteca?

Os usuarios da biblioteca han de respectar as normas da mesma:

  • Absterse de realizar calquera conducta que puidera perturbar a lectura e a consulta
  • Non alterar a orde dos documentos nas estanterías. Para elo deberán depositar os documentos utilizados na sala no contenedor habilitado para este uso
  • Manipular os documentos con coidado. En caso de deterioro o usuario estará obrigado a repoñer o documento
  • Os menores de 9 anos deberán en todo momento estar acompañados dun adulto. En ningún caso a biblioteca asume a custodia e a responsabilidade do control dos menores de idade
  • Non se permite introducir na biblioteca alimentos nin bebidas
  • Silenciar os teléfonos móbiles

No caso de non respectar estas normas, poderáselles expulsar ou impedir o seu acceso.

Cantas salas ten a Biblioteca?

Para o servizo de consulta en sala a Biblioteca dispón de dúas salas, distribuídas da seguinte maneira:

  • Planta baixa: Sala Infantil
  • Primeira planta: Sala de Adultos
Que materiais se poden consultar en sala?

Os materiais obxecto de consulta van dende obras de referencia ata documentos específicos das distintas áreas do coñecemento, e en diversos formatos: libros, CD, CD-Rom, DVD, etc.

Que información ofrece a biblioteca aos seus usuarios?

Co fin de facilitarlle ao lector o acceso á Biblioteca e o uso dos seus fondos, ofrécelles aos seus usuarios información sobre:

  • Normas de uso da Biblioteca e a localización dos diferentes servizos
  • Utilización dos fondos bibliográficos
  • Uso e utilización do OPAC (catálogo en liña de la Biblioteca), bases de datos en CD-. ROM, acceso a Internet...
  • Buscas bibliográficas sobre as distintas materia a través de diversas fontes como o catálogo automatizado, fondo de referencia, Internet ou bases de datos.
En que consiste o servizo de Préstamo?

O servizo de préstamo ofrece ó público de forma totalmente gratuíta, a posibilidade de lectura e consulta nos seus domicilios de materiais de diverso tipo por un período de tempo preestablecido dende as distintas seccións da Biblioteca.

A utilización deste servizo supón a aceptación por parte do usuario das normas de préstamo

Quen pode beneficiarse do servizo de Préstamo?

Poderán beneficiarse do Servicio de Préstamo de obras todas as persoas que posúan o Carné de lector da biblioteca.

O Carné dá opción á utilización da sección de préstamo da sala correspondente, de xeito que os menores de 14 anos en posesión do Carné Infantil non poderán levar documentos en préstamo da Sala de Adultos.

Cantas obras poden retirarse en Préstamo?

Poden retirarse un máximo de 3 obras en total.

Canto dura o período de préstamo?

O período de préstamo varía en función do formato da obra:

  • Libros 15 días, renovables por outro período de 15 días, a non ser que outro lector fixese reserva do mesmo exemplar.
  • Documentos multimedia 7 días, sen posibilidade de renovación.
Que documentos son obxecto de Préstamo e cales non?

Serán obxecto de préstamo todos os documentos existentes na Biblioteca, excepto:

  • Os exemplares únicos ou aqueles que sexan difíciles de repoñer.
  • As obras de referencia: enciclopedias, diccionarios, etc.
  • As publicacións periódicas.
É posible realizar reserva para préstamos?

Poderán reservarse os documentos prestados, ata un total de dous, solicitándollo ao persoal da sala. 

Non se fan reservas dos documentos audiovisuais.

Cal é o prazo de recollida das reservas?

Se a devolución da obra ou do documento reservado se produce antes de concluír o período de préstamo, a Biblioteca comunicaralle ao usuario que realizou a reserva a dispoñibilidade da mesma.

Os documentos reservados serán custodiados pola Biblioteca durante dous días e transcorrido o prazo serán inmediatamente reintegrados as estanterías. 

Como funciona o servizo de Acceso á Internet?

A Biblioteca dispón de tres PCs equipados con Internet situados na sala de adultos os cales utilízanse previa reserva (por períodos de 1 hora como máximo). En eles o usuario poderá conectarse a Internet, crear documentos de Word, consultar o seu correo, etc.

Poden acceder a este servicio todos os usuarios da Biblioteca, previa presentación do Carné de lector. 

De que fondos dispón a Biblioteca para nenos e nenas de ata 14 anos?

A Sala Infantil dispón dun fondo bibliográfico xeral e especializado, adecuado ás necesidades dos nenos e nenas ata os 14 anos, e clasificado segundo as idades recomendadas.

Para os máis pequenos

  • Atópanse nunha sala independente destinada a que os pais acudan cos nenos.
  • A colección divídese por grupos de idade: ata 3 anos, e de 3 a 5 anos.
  • Libros infantís organizados en catro seccións: Primeiras lecturas, A vida dos nenos, Primeiros coñecementos e Libros para ler en compañía.
  • Materiais audiovisuais: películas, vídeos didácticos, discos, xogos de ordenador...

Para lectores infantís

  • Divididos en grupos: De 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 14.
  • CLibros de consulta (enciclopedias, diccionarios e una selección de libros das distintas materias), adecuados para a realización de consultas e traballos escolares na biblioteca
  • Obras de literatura infantil e xuvenil, cómics, publicacións periódicas...
De que fondos dispón a Biblioteca para usuarios adultos?

Na Sala de Adultos atópanse:

Sección de referencia

Comprende todo tipo de material de rápida consulta: diccionarios, enciclopedias, anuarios, atlas., etc.

Fondo destinado a préstamo a domicilio

Constituído por documentos de todas as materias, tanto de ficción como de non ficción, organizados segundo a Clasificación Decimal Universal.

De que fondos se compón a colección Multimedia?

Sección de Audiovisuais conta cunha colección de vídeos, DVD, CD e CD-ROM que poden consultarse na propia Biblioteca ou levarse en préstamo a domicilio.

Videoteca

  • Películas cinematográficas
  • Cine documental
  • Material didáctico

Fonoteca

Discos de música clásica, pop, jazz, música galega, bandas sonoras de películas, etc.

Que fondos ten a Hemeroteca?
  • Prensa local e galega.
  • Periódicos de distribución nacional.
  • Publicacións periódicas de información xeral
  • Publicacións periódicas especializadas en diversas materias: literatura, arte, informática, deportes, cultura, natureza, ciencia, etc.
  • Boletíns oficiais
Que actividades realiza a Biblioteca?

A Biblioteca Municipal organiza, entre outras, actividades de fomento da lectura, contacontos, visitas escolares e guías de lectura.