Preguntas frecuentes sobre a Tarxeta Cidadá

O Concello de Lugo no teu peto. Modernizando os servizos públicos, melloramos a túa calidade de vida e facemos unha administración máis áxil e eficaz.

Que é a Tarxeta cidadá?

A Tarxeta cidadá é un dispositivo intelixente multiservizo que nos permite identificarnos e facer uso dos servizos municipais dun modo rápido e sinxelo.

Quen a pode solicitar?
  • Todas as persoas que vivan no termo municipal de Lugo.
  • As persoas menores de idade tamén poden obtela, pero no seu caso o contrato debe ser asinado polos proxenitores ou titores legais.
  • As persoas que non figuren empadroadas no Concello de Lugo tamén poderán obtela.
Para que serve?
  • Para aboar o billete de autobús urbano e do transporte metropolitano co moedeiro de transporte, mediante o uso de lectores con contacto.
  • Para pagar nos parquímetros do sistema ORA co moedeiro de servizos mediante o uso de lectores con contacto.
  • Nun futuro, para identificarte no acceso ás instalacións e para o aboamento de servizos municipais como a reserva de pistas, bonos para as piscinas, etc.
Que funcionalidades ten a Tarxeta cidadá?

 A tarxeta cidadá de Lugo dispón de dous moedeiros diferentes e independentes.

Moedeiro de transporte

O diñeiro cargado neste moedeiro servirá exclusivamente para o pagamento das viaxes nos autobuses urbanos deste concello e do transporte metropolitano xestionado pola Xunta, que afecta aos Concellos integrados na Área de Transporte Metropolitano:

  • Lugo
  • Castro de Rei
  • Castroverde
  • Friol
  • Guntín
  • O Corgo
  • Outeiro de Rei
  • Rábade

Moedeiro de servizos municipais

O diñeiro depositado neste moedeiro destinarase a aboamentos no resto de servizos municipais como a ORA, os de Deportes e os que posteriormente se incorporen ao sistema de xestión da tarxeta.

Como se xestionan os saldos da tarxeta?

Saldo dos moedeiros

  • Moedeiro de transporte:  Entre 5 e 60 euros
  • Moedeiro de servizos municipais: Entre 5 e 180 euros

Recarga de saldo na tarxeta

Poderase realizar, en tramos de 5 en 5 euros, nas oficinas de Novagalicia Banco ou na súa rede de caixeiros automáticos.

Como se tramita?

Cómpre concertar unha cita previa a través do teléfono 010 do Concello (teléfono 982 297 350), onde ademais se facilitará información sobre a documentación necesaria.

Que documentación hai que presentar?
  •  Xustificante do aboamento da taxa (modelo 101) que poderá descargar da web ou ben retirar na oficina de Atención á Cidadanía.
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.
  • No caso de menores de idade, Libro de familia
Onde se tramita?

Na oficina da Tarxeta Cidadá
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Canto custa?

A taxa estipulada na ordenanza fiscal en vigor é de 3,09 euros

Canto tempo tarda a tramitación?

A Tarxeta Cidadá entrégase no momento da súa solicitude, sempre e cando se cumpran os requisitos e se achegue a documentación precisa.

Teño bonificacións na Tarxeta Cidadá?

A tarxeta cidadá conta cun sistema de bonificacións sociais segundo a pertenza aos diversos colectivos (desempregados, pensionistas, estudantes, etc). Por iso, se a persoa interesada desexa acceder a unha Bonificación para o transporte, deberá indicalo no momento da solicitude e achegar a documentación xustificativa que se precise segundo o caso.

Que teño que facer se perdo ou me rouban a Tarxeta Cidadá?

Hai que comunicalo na oficina da Tarxeta cidadá, ubicada na planta baixa do Centro de Servizos Municipais da Ronda Muralla, 197.