
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou este mércores espazos como o Parque de Rosalía ou a Praza Maior para comprobar o resultado da campaña de plantación de bulbos e plantas ornamentais desenvolvida polo Concello durante o outono pasado.

A área de Deportes, que dirixe Jorge Bustos, está a acometer novas actuacións de mantemento nas pistas deportivas da cidade co obxectivo de garantir que estas infraestruturas de proximidade estean sempre en condicións óptimas.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, agarda que a reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, implique un avance real para o centro de saúde do Sagrado Corazón e ademais un compromiso firme de dotacións para o barrio.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo xunto coa edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, recibiron no concelllo aos estudantes do IES Muralla Romana que resultaron gañadores da primeira fase do concurso de programación para centros de FP "ProgramaMe", e que repres

O Vello Cárcere acolle desde hoxe a exposición ‘Humor para mudar o mundo. Que graza!’ do recoñecido debuxante Pepe Carreiro.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes das principais asociacións do transporte da provincia: José Fernández, por parte de Tradime, e Diego Arias, presidente de Aetram.

As visitas á depuradora e á potabilizadora xa duplican as do ano pasado, cando aínda está aberto o prazo de inscricións. No curso anterior foron visitadas por 800 estudantes, mentres que para o actual xa están confirmadas 1.680 persoas, entre alumnado e cidadáns.

A Policía Local actúa contra condutas incívicas que alteran a convivencia e afectan ao benestar común

"Cantareira" é a última palabra que se une ao Paseo das Palabras do Ano, incorporada hoxe nun acto organizado pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo que contou coa participación de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e co académico e bibliotecario da Fundación Barrié, Dieg

No Vello Cárcere celebrouse a presentación do número 91 da revista galega de educación, que leva por título "Comunidade e participación das infancias", e do libro "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »