
O Executivo de Paula Alvarellos formará a 20 lucenses no ámbito sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas dependentes en institucións sociais e a promoción e intervención socioeducativa con persoas con diversidade funcional.

A área de Transición Ecolóxica do Concello, que dirixe o edil Miguel Fernández, acometerá de forma inminente a limpeza dos terreos do antigo punto limpo situado na parroquia de Coeses.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas visitaron a rúa Frai Plácido Rei Lenmos, onde o Goberno de Lugo está a executar unha reconstrucción integral da estrutura.

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, comezará unha serie de encontros nas vindeiras datas coas empresas e entidades que amosaron interese en participar no programa municipal de compostaxe para grandes xeradores de residuos.

O Goberno local concluíu hoxe o traslado dun total de 136 exemplares de mexillóns, polo que agarda comezar o xoves ou o venres cas tarefas de colocación de rampla que dará acceso ao río, unha vez rematada a nova revisión e comprobado que non hai máis moluscos que trasladar.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto da edición 2024 do San Froilán a cargo da cantante María Rodés, dentro da xira do 10º aniversario do seu disco "Canta copla".

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, e do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, visitaron este martes varios dos establecementos participantes na iniciativa Comercio na Rúa, posta en marcha

O plan de tráfico alternativo deseñado para acoller a saída da decimo terceira etapa de la Vuelta Ciclista a España 2024 suporá cambios de sentido, cortes de circulación e restricións de estacionamento en ata unha vintena de rúas, prazas e avenidas, principalmente na contorna da Horta do Seminari

Campaña alcol-drogas

A edil de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, e o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, mantiveron un encontro este luns coa veciñanza do barrio de Albeiros para estudar as principais necesidades da zona.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- …
- seguinte ›
- última »