Miguel Fernández explicou que “dende que puxemos en marcha o renovado servizo de limpeza, LuceLugo, a empresa adxudicataria xa realizou 4 recollidas de lixo neste punto”.
O edil fixo un chamamento ao civismo e á responsabilidade cidadá de toda a veciñanza e solicitou colaboración para o correcto emprego dos puntos de recollida autorizados.
Así mesmo, informou que a Policía Local vai a extremar a vixilancia neste punto, co fin de evitar conductas que danan o entorno e supoñen un risco para a poboación.
- Tema

A área de Transición Ecolóxica do Concello, que dirixe o edil Miguel Fernández, acometerá de forma inminente a limpeza dos terreos do antigo punto limpo situado na parroquia de Coeses. Así o informou este martes o concelleiro quen subliñou que “nos vindeiros días procederase á retirada do lixo que, de forma irresponsable e totalmente irrespetuosa, foi depositado nesta zona, provocando un pequeno incendio na noite do pasado domingo”.
Fernández lembrou que “dende que puxemos en marcha o renovado servizo de recollida de residuos e limpeza municipal, LuceLugo, hai dous anos, a empresa adxudicataria xa realizou catro recollidas de lixo neste punto, supoñendo unha semana de traballo cada unha delas Concretamente a última tivo lugar o pasado mes de novembro e supuxo a recollida de 85 toneladas de lixo”.
Neste senso o edil fixo un chamamento ao civismo e á responsabilidade cidadá de toda a veciñanza. “É fundamental que coidemos o noso entorno e evitemos depositar lixo en vertedoiros ilegais. Estes lugares non só prexudican o medio ambiente, senón que tamén afectan á saúde pública e ao benestar de todos”, subliñou, ao tempo que avanzou que “a Policía Local vai a extremar a vixilancia neste punto, co fin de evitar conductas que danan o entorno e supoñen un risco para a poboación”.
Así, o edil solicitou colaboración para o correcto emprego dos puntos de recollida autorizados, tanto o punto limpo municipal como o punto limpo móbil co que o Executivo de Alvarellos apuntalou a recollida de lixo no rural, ofrecendo este servizo nas 54 parroquias lucenses conforme a un calendario preestablecido e que se pode consultar na web www.lucelugo.gal e tamén na zona urbana con 15 localizacións fixas onde de forma periódica pódense realizar os labores de depósito de residuos, desde Magoi ata O Castiñeiro, pasando por Fonte dos Ranchos, o Sagrado Corazón ou A Milagrosa.
“Lugo conta con servizos adecuados para facilitar a recollida e reciclaxe, polo que non hai excusas para botar lixo en lugares non autorizados”, apuntou Fernández, quen insitiu “na esencial colaboración de todos e todas para manter o noso concello limpo e saudable”.
Na actualidade a zona rural dispón ademais de 854 contedores de 2.000 e 1.800 litros; outros 350 das mesmas capacidades pero de bolsa amarela; 200 de iguais características para papel e cartón e 54 contedores de aceite vexetal en cada unha das parroquias; mentres que na zona urbana hai dispoñibles máis de 4.200 colectores, integrando colectores de capacidades variables, como os de 2.900 litros empregados para a fracción resto, os envases lixeiros e o papel cartón, e os 1.800 litros do colector da fracción orgánica.

