
A Área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo, a través do dispositivo especial de limpeza de San Froilán, retirou un total de 290.460 quilos de residuos desde o comezo das festas na tarde do día 4 ata a madrugada do día 7.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá ao palista Víctor Devesa, que se proclamou Campión do Mundo K-1 Junior de Maratón o pasado mes de setembro na localidade croata de Metkovic, na que se disputou o mundial de piragüismo de maratón.

Detención por violencia doméstica

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu xunto á concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, a ofrenda a Rosalía, que este ano correu a cargo da dramaturga, actriz e escritora Ana Carreira e da docente, tamén actriz, escenógrafa e artesá Marga Portomeñe.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, deu a benvida este sábado ao seu homólogo ferrolán, José Manuel Rey Varela, con motivo da celebración do Día do Ferrol, dentro dos festexos do San Froilán.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, no día do Patrón, celebrada esta mañá na Catedral de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, abriu esta tarde o San Froilán 2024, en compañía da artista multidisciplinar Luz Darriba, que exerceu como pregoeira, e da concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá o centro de control móbil da Policía Local para o San Froilán antes da entrada en funcionamento hoxe ás 20 horas do dispositivo especial de vixilancia para as festas patronais.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, deu a benvida a dúas novas emprendedoras que se incorporaron este venres ao semilleiro do CEI-Nodus municipal.

O Executivo de Paula Alvarellos vén de aprobar inicialmente o seu novo Plan de Emerxencias Municipal, un documento aberto chamado a dar resposta as diefrentes necesidade en materia de prevención e seguridade ás distintas continxecias que poidan sobrevir no futuro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- …
- seguinte ›
- última »