Servizos destacados do 3 ao 6 de outubro/24.

Detención por violencia doméstica
O pasado día 3 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acudan a un edificio da zona norte da cidade xa que nunha vivenda estaba a producirse unha discusión familiar.
Os axentes preséntanse de inmediato e son recibidos no portal do inmoble por un mozo que lles manifesta que momentos antes os seus pais mantiveran unha forte discusión e este por defender á súa nai, crendo que o seu pai lle ía pegar, deulle un peñatezo na cara, caendo ao chan. Os axentes entrevístanse co matrimonio, os cales manifestan que estaban a discutir polo comportamento do seu fillo e nun momento dado este deulle unha puñada na cara ao seu pai, motivo polo cal se procede á detención do mozo de 18 anos de idade por un delito de violencia no ámbito familiar, sendo trasladado inicialmente ao HULA xa que presenta unha contusión nos cotobelos da man dereita e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.
Controis de alcoholemia e drogas
Durante a primeira fin de semana das festas de San Froilán, intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas en vías do centro urbano, onde efectivos das unidades operativas da Policía Local de Lugo realizaron numerosos filtros de seguridade viaria, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (2)
- Na rolda das Mercedes dáse o alto a un vehículo cuxo condutor é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
- Na rúa Ourense é sometido un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,99 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (10)
- Na rúa San Roque, como consecuencia dun control estático, detéctanse nun pequeno intervalo de tempo, TRES condutores que lanzan un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos:
- 0,43 mg/l
- 0,34 mg/l
- 0,32 mg/l
Abríronse expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.
- En Xosé Castiñeira, é sometido á proba de alcoholemia o condutor dun vehículo, lanzando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l.
- En República Arxentina, é detectado un condutor con signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l., sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
- Na Rolda da Muralla coa rúa Ourense, detectáronse nun control estático DOUS condutores que deron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia:
- 0,29 mg/l
- 0,55 mg/l
O primeiro foi sancionado con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e o segundo con 1.000 euros e 6 puntos, inmobilizando os vehículos.
- Na Avenida de Madrid con Fonte do Rei, detectáronse DOUS condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia:
- 0,53 mg/l. Sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos
- 0,44 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos
- En República Arxentina é sometido un condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l., sendo sancionado con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos, inmobilizando o vehículo.
DROGAS (1)
Na confluencia da rúa San Roque coa Rolda da Muralla, nun control preventivo, os axentes observan que un vehículo trata de evadir o control, fuxindo cara a carril das Hortas marcha atrás, sendo perseguido por varios policías, dándolle alcance, observando que o condutor presentaba signos de inxerir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC, METANFETAMINAS e ANFETAMINAS, abríndose tres expedientes sancionadores, inmobilizando o vehículo:
- Sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos polo consumo de estupefacintes.
- Sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos pola circulación marcha atrás.
- Sanción de 200 euros e a retirada de 4 puntos por desobedecer os mandatos dos axentes da autoridade.
No transcurso destes dispositivos de seguridade viaria realizáronse controis de velocidade, denunciando a 16 vehículos, sendo a velocidade máis alta captada de 98 km/l na Avenida Infanta Elena, que está limitada a 50 km/.
Axuda humanitaria
Durante esta fin de semana, patrullas da Policía Local de Lugo tiveron que intervir en diversos casos de auxilio a cidadáns, destacando os seguintes:
- Auxilio a unha muller que se atopa en bata de casa na rúa Santiago, a cal se atopa desorientada e responde con incoherencia, localizando os axentes a uns familiares que se fan cargo desta persoa, dando coñecemento aos servizos sociais.
- Acódese a unha vivenda da zona sur da cidade para auxiliar a un home que sofre un trastorno alcohólico depresivo, sendo trasladado por unha ambulancia do 061 ao HULA, sendo acompañado en todo momento no interior da ambulancia por un axente.
- Na rúa Celso Emilio Ferreiro detéctase deambulando a unha moza en roupa interior, estando en compañía da súa parella, presentando signos de acharse embriagada, sendo identificada e instándoa a que se puxese a roupa, ao que accede, rexeitando asistencia médica.
- Unha patrulla trasládase á avenida de Madrid onde os axentes auxilian a un home que de maneira voluntaria inxerira un produto desinfectante, sendo trasladado por unha ambulancia do 061 ao HULA. (foto do produto)
- Na rúa Aquilino Iglesias auxíliase a unha persoa de avanzada idade que se caeu no interior da súa vivenda, estando tombada no corredor, sendo incorporada polos axentes que a trasladan ata o seu dormitorio e déitana na cama, quedando en compañía dun familiar.
- Auxíliase a un menor que está tirado na praza de Avilés con signos de embriaguez, sendo localizada a súa nai que comparece no lugar, facéndose cargo del, e trasladándoo ao domicilio.
- No parque Rosalía de Castro auxíliase a un menor que está tirado no chan, con signos de acharse embriagado, sendo trasladado por unha ambulancia do 061 ao HULA, localizando os axentes á súa nai, que se fai cargo del.
- Auxíliase a un home na praza da Mosquera que sufriu un mareo e caeuse ao chan, sendo trasladado por unha ambulancia do 061 ao HULA.
- Auxíliase a unha moza na Praza Maior que sufrira unha crise de ansiedade, sendo trasladada por un ambulancia ao HULA.
Conduta incívica
A tarde do día 4 procédese á identificación dun mozo que é sorprendido no Parque Rosalía de Castro ouriñando sobre o soporte dun desfibrilador para acto seguido darlle unha patada, o que provocou que caese ao chan, causándolle danos, procedendo a instruír o correspondente ateigado para a súa remisión á Autoridade competente polos danos causados, sendo sancionado con multa de ata 900 euros pola devandita conduta incívica.
O mozo resultou ser veciño desta cidade, de 26 anos de idade.
Venda ambulante non autorizada
Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo o pasado venres no Parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, detectaron a SEIS persoas ocupando espazo público para a venda ambulante non autorizada, sendo denunciados por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sanción de 600 euros a cada un deles.

