O Concello de Lugo informa de que, durante a mañá do vindeiro xoves, 23 de febreiro, quedará restrinxida a circulación no tramo da Rolda da Muralla comprendido entre a porta Bispo Odoario e a porta de Santiago co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da proba ciclista O Gran Camiño.

O Goberno de Lara Méndez finaliza hoxe as obras de mellora do firme de dúas estradas municipais nos lugares de Teicelle e o Caínzo, denominadas a pista de Teicelle e a da Ferrería. Ambas localizadas na parroquia de Santalla de Lamas.
Este domingo, 19 de febreiro, o paseo do río Rato acollerá a proba Corre con Nós - Cinto Verde a partir das 12.00h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, copresidiron esta mañá, no Concello, unha nova Xunta Local de Seguridade, neste caso para abordar o dispositivo que se porá en marcha con motivo da celebración dunha proba do Campionato de España de Mo

Ante o aumento de estorniños detectados no centro da cidade nas últimas semanas, o Executivo de Lara Méndez activou desde Medio Ambiente unha nova campaña, dentro do labor ordinario que se realiza durante todo o ano, para vixiar o seu asentamento ata ter controlada á poboación.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron unha reunión coa veciñanza do núcleo rural de Cima de Vila, en Pedreda, para explicarlles de primeira man as obras de abastecemento, que están en proceso de licitación, e contestar as súas dubidas.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar os accesos as núcleos de Santa María Alta e Matelo.

A alcaldesa, Lara Méndez, supervisou estes días as tarefas de acondicionamento que se están levando a cabo no circuíto municipal Jorge Prado que, o 25 e 26 de febreiro, será sede dunha das sete probas do Campionato de España de Motocross.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de poñer a disposición da cidadanía unha nova pista deportiva no Castiñeiro, cumprindo coas peticións da veciñanza da zona que reclamaba novas dotacións para a contorna, unha das máis populosas da capital.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de mellorar o firme de varias vías municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »