A Concellería de Medio Rural mellora o firme nas pistas de Teicelle e o Caínzo, na parroquia de Santalla de Lamas

Os traballos que se levarán a cabo inclúen a limpeza de cunetas e a rehabilitación do firme con aglomerado en quente.

Miguel Fernández: “Con estas actuacións buscamos mellorar a seguridade e confortabilidade das vías para o uso por parte dos veciños e veciñas”.

Venres, 17 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Medio Rural mellora o firme nas pistas de Teicelle e o Caínzo, na parroquia de Santalla de Lamas

O Goberno de Lara Méndez finaliza hoxe as obras de mellora do firme de dúas estradas municipais nos lugares de Teicelle e o Caínzo, denominadas a pista de Teicelle e a da Ferrería. Ambas localizadas na parroquia de Santalla de Lamas.

“Estes camiños atopábanse deteriorados debido a súa antigüidade, ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo”, sostivo o tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández, que subliñou que “o obxectivo destas actuacións é mellorar a seguridade e confortabilidade das vías para o uso por parte da veciñanza”.

En ambos casos, os traballos que se levaron a cabo incluíron a limpeza de cunetas e a rehabilitación do firme con aglomerado en quente. O orzamento destas actuacións, financiadas con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación elévase a 25.500 euros.

Multimedia

  • A Concellería de Medio Rural mellora o firme nas pistas de Teicelle e o Caínzo, na parroquia de Santalla de Lamas

Noticias relacionadas