
Preto de 7.000 mozos e mozas lucenses participaron nas actividades do Tour do Talento en Lugo, organizadas polo Concello de Lugo e a Fundación Princesa de Girona.

O Concello de Lugo celebra este martes, na Praza Maior, o Día de Europa, unha efeméride que cada 9 de maio conmemora o aniversario da histórica Declaración de Shuman, asinada en 1950.

O Tour do Talento despedirá a súa parada en Lugo durante a fin de semana cunha completa programación de ocio e lecer destinada, especialmente, aos mozos e mozas da cidade, pero tamén con actividades para todos os públicos e idades.

Este venres, 5 de maio, S.M. o Rei, xunto coas primeiras autoridades de Galicia, presidirá o acto central do Tour do Talento en Lugo, unha iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona, coa colaboración do Concello.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Deportes, Mauricio Repetto, participou este xoves na sesión “Ecuación talento: equipos de alto rendemento”, promovida polo executivo municipal e a Fundación Princesa de Girona dentro da programación do Tour do Talento.

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de ins

20 emprendedoras lucenses vinculadas coa economía verde e circular exporán os seus proxectos mañá na carpa instalada na Praza Horta do Seminario con motivo da celebración do Tour do Talento en Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este martes, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, a feira Coñece aos teus polígonos e as súas empresas, promovida polo executivo municipal na Praza Horta do Seminario dentro da programación do Tour do Talento.

Catro expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións tecnolóxicas desde diferentes perspectivas na 4º edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizada polo Concello de Lugo no marco do Plan Municipal de Prevención de

Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs. A actividade, organizada pola Escola de Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, xurde a raíz da declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »