Farano a través da Feira de Primavera de Emprendedoras, posta en marcha polo executivo municipal da man do programa Woman Emprende da USC, na Horta do Seminario.
Paralelamente, no MIHL terá lugar o Foro de Desenvolvemento de Talento onde se levará a cabo un Focus Group sobre innovación, talento e propósito destinado a mozos e mozas.
No MIHL continúa a exposición permanente do CIFP As Mercedes e no Vello Cárcere a da EASD Ramón Falcón, con visitas guiadas, obradoiros e encontros culturais.
Así mesmo, en Impulso Verde celebraranse dúas mesas redondas sobre economía circular e novos modelos de negocio con emprendedores lucenses.
Os grandes artistas urbanos de Lugo manterán unha charla cos mozos e mozas de Lugo para rematar a xornada na Praza Horta do Seminario.

20 emprendedoras lucenses vinculadas coa economía verde e circular exporán os seus proxectos mañá na carpa instalada na Praza Horta do Seminario con motivo da celebración do Tour do Talento en Lugo. Será a través da Feira de Primavera de Emprendedoras: Economía verde e circular, posta en marcha polo executivo municipal da man do programa Woman Emprende da USC.
“Con esta iniciativa buscamos visibilizar o que é xa unha tendencia no mundo empresarial actual: mulleres que están a liderar empresas que buscan ofrecer solucións creativas e sostibles para as necesidades da sociedade e o medio ambiente”, explicou a rexedora Lara Méndez, quen destacou que “nun mundo no que a sustentabilidade é crucial e a economía circular está a converterse nunha norma, é fundamental resaltar que as mulleres están a liderar estes cambios”.
A feira contará con 20 stands no que as empresas convidadas mostrarán os produtos ou servizos que comercializan, interactuando co público. Entre estas atópanse: Cenizas de papel; Rural o Urbano; Fusaiola; Terras de Boborás; Champivil; Orixe Cosmetics; Duo Baking; Gandería Quintian; Embutidos Suarna; Festigaleiros; Las Manos del Alma; Lugo Sweet; Minaxoia3D; Tofu Landeira; Naturantas; Esencia Viva; Aobá Upcycling; A Horta de Sancoveiga; Sopa de Nuez; Dipataca.
O horario de exposición será de 10:30-14:00 horas e de 16:00-19:00 horas. Paralelamente haberá dúas mesas rendondas:
De 12:00 a 13:00 horas: Economía circular con enfoque de xénero para unha vida máis sostible e igualitaria. Contando coa participación de:
- Sara Torreiro Rodríguez. Responsable de Marketing e RSC en Casa Grande de Xanceda.
- Inés Rodríguez. Fundadora de Rir and Co.
- Luisa Estévez. Fundadora de Belategui Regueiro.
- Inés Fernández. Fundadora de Neboa na Ría.
Moderada por Eva López. Coordinadora do programa Woman Emprende da USC.
De 17:00 a 18:00 horas: Economía circular para reducir o impacto ambiental. Contando coa participación de:
- Andreína Vargas. Cofundadora de Timbersoul by Cándido Hermida.
- Lucía Rivas. Cofundadora de Whatstyle.
- María Isabel Pernas. Socia de Creativas Galegas.
- Noelia López. Fundadora de Biofusiónate.
Moderada por María Anjhara Gómez. Presidenta de la Asociación de Mujeres Empresarias de Lugo, AELU.
O Foro de Desenvolvemento de Talento reunirá a reputados expertos e especialistas no ámbito dixital e as novas tecnoloxías no MIHL
No Museo Interactivo da Historia de Lugo terá lugar o Foro de Desenvolvemento de Talento onde se levará a cabo un Focus Group sobre innovación, talento e propósito da man de Ou4I, Norvento Enerxía e Avincis. Esta sesión forma parte do proxecto Códgo!, unha iniciativa que é posible grazas á alianza entre a Fundación Princesa de Girona e Harbour Space University e coa colaboración de Fundación Banco Sabadell para contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico dos mozos e das aulas a través de formacións disruptivas que contribuirán a expandir a linguaxe da programación.
Nesta sesión falarase de como a tecnoloxía está a cambiar o mundo. A día de hoxe existen múltiples ferramentas que permiten facer en minutos tarefas para as que fai poucos meses se tardaba semanas ou meses en facer e nesta sesión ensinarán a usar algunhas delas. Adicionalmente darase a coñecer da man de expertos como a tecnoloxía está a cambiar o mundo laboral, que novas capacidades están a pedirse e que accións específicas se poden facer nos próximos anos para estar mellor preparado para o futuro. A programación será a que sigue:
10:00 Benvida a cargo de Eduardo González (Community Builder en TRIVU)
10:05h – 10:40h Orientación e elección de estudos nunha contorna cambiante, a cargo de Juan José Juárez (Senior project manager da Fundación Bertelsmann).
10:40h – 11:20h Diálogo sobre talento e innovación para o desenvolvemento de tecnoloxía con impacto, coa partipación de:
- Manuel Docavo - Ou4Impact
- Raul Tena - AIRBUS
- Fátima Ortega - Avincis
- Rosa Botas - Norvento
- Alfonso García (Director de Recursos Humanos, Legal, Compliance e Asuntos Corporativos de Telespazio)
- Lucas Hermida (Fundador de Luxsit)
11:35h – 12:10h Ferramentas tecnolóxicas para o emprego con Cristina Valle (Alumni de Xeración Docentes)
12:10h – 12:40h Un mundo feito a medida: programando o noso futuro
- Eduardo González (Moderador)(Community Builder en TRIVU)
- Cristina Valle (Alumni de Xeración Docentes)
- Raúl Sánchez (CEO Leagues of Code)
12:40h – 12:50h Coñece Nawaiam con Eduardo González (Community Builder en TRIVU)
12:50h – 13:20h Fai o teu match co teu traballo soñado, coa participación de:
- Maite Saeta, AECOC (Moderadora) (Responsable Xestión do Talento, Diversidade e Empregabilidade de AECOC)
- Patricia Rodríguez (Directora de Desenvolvemento e Xestión do Talento en Nova Pescanova)
- Vicente Celemín -(Responsable de Selección e Desenvolvemento en Capsa Food)
- Martín Cedeira (Técnico de RRHH en Gadisa)
13:20h – 13:30h Feedback e peche
Así mesmo, continúan as visitas guiadas á exposición permanente do CIFP As Mercedes no MIHL. Estas visitas terán lugar tanto en horario de mañá de 10:00h. a 13:30h. como á tarde de 16:00h. a 19:00h.
O edificio municipal Impulso Verde acollerá dúas mesas redondas sobre economía circular e novos modelos de negocio coa participación de emprendedores lucenses
De 11:00 a 11:30 horas terá lugar a primeira mesa baixo o título “Deseño circular e novos modelos de negocio”, na que se analizarán os aspectos clave para poder transformar os actuais modelos de negocio líneles en circulares e como o deseño circular e a economía colaborativa poden xerar novas oportunidades de crecemento e desenvolvemento sostible, coa participación de Antonio Fernández, de Ancaria SL; David Yáñez, de Ecinor; e Santiago Seijas, de My Bike.
De 13:00 a 13:30 horas celebrarase a segunda mesa redonda baixo o título “Economía circular en práctica, desafíos”, na que se analizarán casos concretos de empresas que implementaron novos modelos de economía circular, os seus desafíos e as solucións que atoparon, así como os beneficios económicos, sociais e ambientais derivados destas prácticas, coa participación de Antonio Fernández, de Recicla2; Josefa de León, de Agroamb; e Mario Carballo de Maderas Besteiro.
No Vello Cárcere continúa a exposición permanente da EASD Ramón Falcón, ao tempo que se celebrarán dous encontros culturais
Ás 11:00 horas terá lugar o encontro “A cultura, un modo de vida”, no que participarán como relatores: Cris Bamio, artista plástica e fotógrafa; Xema López, artista lucense; Christian Gutiérrez de TaTaTá Comunicacións. Este encontro versará como os mozos están a crear e participando en novas formas de cultura, como a cultura dixital, a moda sostible, a música urbana, entre outras.
Ás 13:00 horas celebrarase o segundo encontro baixo o título “A diversidade cultural e a inclusión social”, que contará como relatores con Cris Bamio, artista plástica e fotógrafa; profesor escola de Arte Ramón Falcón; José Luis Andújar Matalobos, deseñador gráfico, ilustrador e pintor. Durante a mesma analizarase como a diversidade cultural vese reflectida nos mozos de hoxe en día e como lidar coas diferentes formas de discriminación e exclusión.
Os grandes artistas urbanos de Lugo manterán unha charla cos mozos e mozas de Lugo para rematar a xornada na Praza Horta do Seminario
Ás 19:00 horas, na carpa instalada na Horta do Seminario terá lugar a charla “A evolución da arte urbana: da rúa á galería”, na que os mellores artistas urbanos da cidade, entre os que se atopan Diego As, Manu (Concepto Circo), o rapeiro Yago Fernández máis coñecido como Lee33 e o director de Gravitty, Gael; falarán cos mozos e mozas lucenses sobre a o camiño para converter as súas aficións nunha labor profesional e resolverán todas as dúbidas que poidan xurdir entre os participantes.