Xuventude levará a cabo catro conferencias nas que profesionais de diferentes campos falarán de prevención, sensibilización e as relacións coas novas tecnoloxías

A primeira xornada terá lugar este xoves, día 4 de maio no Politécnico de Lugo, ás 18.00 horas.

Martes, 02 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude levará a cabo catro conferencias nas que profesionais de diferentes campos falarán de prevención, sensibilización e as relacións coas novas tecnoloxías

Catro expertos galegos e de ámbito nacional expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións tecnolóxicas desde diferentes perspectivas na 4º edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’, organizada polo Concello de Lugo no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias.

Esta xornada está pensada para público xuvenil, profesionais e familias. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez explicou que estas xornadas volven de novo xa que "consideramos moi importante e necesario e máis nun momento no que esta problemática ten cada vez maior incidencia entre os mozos e adolescentes, o continuar con estas campañas de sensibilización que son fundamentais para previr a aparición de adiccións entre os mozos sobre todo dar o contexto actual de que cando nos referimos a unha adicción non só estamos a falar xa de adiccións a substancias psicoactivas senón tamén a adicións comportamentales ou psicolóxicas”.

O ciclo inclúe catro conferencias nas que profesionais de diferentes campos falarán de prevención, sensibilización e investigación sobre a educación no mundo dixital e as relacións coas novas tecnoloxías.

A primeira xornada celebrarase o día 4 de maio no Politécnico de Lugo, ás 18.00 horas, a xornada xirará en torno ao noso comportamento en redes: qué son capaces de facernos sentir, se nos produce malestar ou benestar, se nos conectan ou nos desconecta, sendo estas e outras cuestións abordadas nunha sesión reflexiva que estará dirixida por Patricia Gómez, doutora en Psicoloxía que desde 2012 forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde desenvolveu a súa tese titulada "O uso problemático da internet e as Novas Tecnoloxías entre vos adolescentes galegos".

IV Ciclo de ‘Adiccións sen substancias’:

04 de maio. C.I.F.P. Politécnico de Lugo (18:00 h): ‘Emocións e redes, e viceversa’ (Círculo das Artes).

  • Relator: Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía, Máster en Xestión e Dirección de Centros de Servizos Sociais, Máster en Saúde Pública e especializada en Educación Emocional.

11 de maio. C.I.F.P. Politécnico de Lugo (18:00 h): ‘Uso adecuado e critico das tic: seguridade, privacidade e identidade dixital’.

  • Relator: José Torres Meira, experto universitario en investigación da ciberdelincuencia, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra.

18 de maio. Círculo das Artes (19:00 h): ‘Goce saudable e prevención do uso abusivo e a adicción a videoxogos’.

  • Relator: Jorge Flores Fernández, fundador e director de Pantallas Amigas. Licenciado en informática pola Universidade de Deusto.

25 de maio. Círculo das Artes (19:00 h): ‘Mozos, xogos de azar e outras adiccións’

  • Relator: Ana Isabel Estévez Gutiérrez, doutora en Psicoloxía e Licenciada en Psicoloxía, pola Universidade de Deusto.

Noticias relacionadas