
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire durante os primeiros meses de 2024.

Os concelleiros da Tenencia de Alcaldía Alexandre Penas, responsábel de Infraestruturas Urbanas e Maite Ferreiro, responsábel de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, visitaron o barrio de Recatelo, onde tivo lugar un mercado de nadal organizado pola asociación veciñal.

O mercado Nadalmente Lucense, promovido polo Executivo de Paula Alvarellos, continúa enchendo a Praza Maior de Lugo de maxia e actividades para toda a familia durante estas festas. A iniciativa busca dinamizar o comercio local e ofrecer un espazo de lecer para pequenos e maiores.

Na reunión tamén se fixo balance do Arde Lvcvs 2024, que acadou unha ocupación hoteleira do 100 % e unha afluencia máxima, consolidando a cita como un dos eventos máis destacados do calendario cultural galego.

Paula Alvarellos recibiu hoxe aos integrantes de Fuxan os Ventos no marco dos actos previos á inauguración do Auditorio Fuxan os Ventos, que se celebrará este venres.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, deron a coñecer os pormenores da Cabalgata de Reis deste vindeiro ano 2025.

A Área de Xuventude e Deportes celebra mañá, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de cociña, que terá lugar nas instalacións municipais da Casa da Xuventude, e para o que se cubriron todas as prazas dispoñibles en poucos días.

A cidadanía lucense escolleu Fuxan os Ventos como nome do novo auditorio municipal, que abrirá as súas portas este venres 20 de decembro cunha actuación especial de Ainhoa Arteta.
A Área de Xuventude e Deportes organiza, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de decoración de Nadal, no que se elaborarán distintos adornos decorativos a partir de materiais de refugallo.
A vixésimo primeira carreira popular Lugo Monumental celebrará este domingo, día 22, unha nova edición con unha moi alta participación, ao xulgar polos máis de 1.200 participantes inscritos, dos que en torno a 955 disputarán a proba na categoría absoluta,
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »