Aberta a convocatoria a empresas de axudas por importe de 9.000,00 euros para atender ao custo dun total de 6 incentivos á contratación laboral por conta allea do persoal participante no obradoiro dual de emprego InteracTICvate impulsado polo Concello de Lugo e impartido no CEI Nodus.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe, acompañada do inspector Jesús Piñeiro, o Xefe da Policía Local, a modernización do sistema de control de acceso do tráfico rodado ao centro histórico, co que se substituirán os bolardos retráctiles actuais por cámaras de lectura das matrículas.
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade.
O Concello de Lugo, amplía o prazo para inscribirse ó curso APRENDE A SER INSTAGRAMER de Tecnoloxíza-T na área de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo ata o 2 de agosto. O horario do curso é de luns a venres de 11.00h a 13.00h, do 5 ó 9 de agosto.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que dende a Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas se enviou ao servizo de contratación da proposta de inversión dos remanentes do Plan Único de 2018.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo entrega este martes dos diplomas e certificados ós alumnos-traballadores do obradoiro de emprego ‘InteracTICvate’ que se impartiu no CEI Nodus co fin de impulsar a cualificación profesional e a inserción laboral dos seus participantes.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe unha aplicación interactiva que permitirá aos usuarios ir percorrendo, a través do extenso fondo documental fotográfico municipal, a trama urbanística da cidade e a súa evolución desde a época medieval á moderna.

A primeira fase da posta en marcha da administración electrónica do Concello de Lugo desenvolveuse esta mañá con pleno éxito despois de que se iniciase a súa implantación nas áreas de rexistro e as relacionadas coa policía, cemiterios, tarxeta cidadán e estatística.
O Concello de Lugo asinou o contrato para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa empresa Sacyr Social por un importe de 3,6 millóns de euros coa duración dun ano, aínda que pode ser prorrogable de xeito anual sen exceder os cinco anos.

O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece dende hoxe un tour virtual polas súas instalacións.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »