Ponse en marcha un plan de retirada de vehículos abandonados

Un total de 25 vehículos serán trasladados ao depósito municipal

A medida foi reclamada por veciños e veciñas das zonas afectadas

Venres, 02 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que nos vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade. Un total de 25 vehículos que levan varios meses abandonados e que serán trasladados ao depósito municipal “para poder mellorar a seguridade cidadá, dado que algúns deles están totalmente desmantelados”.

Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, e baseada nos informes da Policía Local, ten como obxectivo mellorar a imaxe de Lugo, e facilitar o aparcamento, coa liberación das prazas ocupadas.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo sobre o plan de retirada de vehículos abandonados | Descargar mp3

Noticias relacionadas