Concretamente, o tour virtual conta con 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos
As e os interesados en realizar este tour polo cemiterio, que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España, poden acceder a través da web: cemiterio.lugo.gal

O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece dende hoxe un tour virtual polas súas instalacións. Así o vén de dar a coñecer a Concelleira de Concello e Cidadanía en funcións, Rosana Rielo, quen enmarcou esta nova acción de difusión do camposanto na estratexia do Concello de potencialo como recurso patrimonial, histórico e turístico.
Trátase dunha forma novidosa de coñecer o Cemiterio Municipal, de xeito cómodo, sólo a un click, onde se poderán atopar, cunha mimada e coidade imaxe, a través dos ollos de Álvaro Barreiro, os distintos monumentos do camposanto, persoeiros destacados, ou incluso a propia capela, entre outros.
Concretamente, o tour virtual conta con 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos do Mauselo da familia Ventosinos e do Panteón de García Abad.
As persoas interesadas en realizar este tour polo cemiterio, que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico de Cemiterios de España e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España, poden acceder a través da web cemiterio.lugo.gal. O Cemiterio de San Froilán forma parte tamén da Rede de Cemiterios Patrimonias, a Asociación Europea de Cemiterios, está na Ruta dos Cemiterios Españoles e Europeos, e na Asociación de Entidades Municipais de Cemiterios.
Audio
- A edil Rosana Rielo, sobre a visita virtual ao Cemiterio de San Froilán | Descargar mp3
Máis info
- Web do Cemiterio » http://cemiterio.lugo.gal
- Tour virtual do Cemiterio » http://cemiterio.lugo.gal/tourvirtual/