
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que mañá se reactivarán dúas actuacións que foran detidas debido á crise sanitaria do COVID-19.

A área de Medio Ambiente ordenaba hoxe o inicio, este luns, da poda das árbores que se atopan na contorna do auditorio Gustavo Freire para facilitar a próxima apertura do Mercadiño que se realiza nas inmediacións.

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, activo de novo un dispositivo de limpeza e desinfección extraordinarias na Praza de Abastos, Mercado Municipal, Mercado de Frigsa e no Cemiterio.

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “coa declaración da Fase 1 da desescalada, o Goberno do Estado volve permitir visitas ao Cemiterio Municipal”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reactivará a construción do Impulso Verde.

O comercio local facturou, nos primeiros dez días de funcionamento da plataforma online municipal Abrindo Lugo, 14.360 euros.

O Executivo de Lara Méndez, a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego, dá un novo paso no seu impulso de apoio á dixitalización do comercio local e das pequenas empresas de Lugo para que saian reforzados da actual situación de confinamento.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizará, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal. Segundo indicou Cristina López, “o primeiro domingo do mes de maio era un dos días nos que o Cemiterio Municipal recibía máis visitas nos pasados anos”.

O Concello de Lugo, a través do CEI Nodus, organiza este xoves, 30 de abril, de 16:30 a 18:30 horas, o segundo webinar ou seminario online para impulsar o tecido empresarial e autónomo lucense e preparar o proceso de reactivación da economía.

Preto de 40 comercios lucenses sumáronse xa á iniciativa ‘Cos de Sempre’, promovida polo Concello, da man da Federación de Comercio e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, para impulsar a compra anticipada online mentres dure o confinamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »