Medio Ambiente activou un novo dispositivo de limpeza e desinfección especial na praza de abastos, mercado municipal, Frigsa e cemiterio

Os labores, que complementa ao dispositivo habitual de limpeza, comezaron a semana pasada e nalgúns casos finalizarán este luns

Domingo, 10 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente activou un novo dispositivo de limpeza e desinfección especial na praza de abastos, mercado municipal, Frigsa e cemiterio

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Medio Ambiente que dirixe Álvaro Santos, activo de novo un dispositivo de limpeza e desinfección extraordinarias na Praza de Abastos, Mercado Municipal, Mercado de Frigsa e no Cemiterio. “Dende esta concellaría non se deixou de actuar nos lugares onde existiu actividade, fundamentalmente por asistencia presencial durante a pandemia, pero activamos cando é necesario tarefas de limpeza extraordinarias” apuntou o edil.

“Con respecto á desinfección do recinto onde se realiza o Mercado de Frigsa, os traballos comezaron a semana pasada” destacou Santos. No relativo á Praza e ao Mercado, realizáronse traballos de desinfección nos espazos e ferramentas en maior contacto coas mans, tanto dos traballadores como dos usuarios, como poden ser ascensores, baños, pomos ou varandas, se ben a desinfección de superficies e pavimentos a fondo realizarase este luns pola tarde, para que o martes estea recén desinfectado. En canto ao Cemiterio, tamén os traballados rematarán este luns para que estea en perfectas condicións para a súa apertura o vindeiro martes.

Santos apuntou que “seguindo o protocolo establecido semanas atrás, estas limpezas serán de carácter extraordinario e como é habitual, realízanse con produtos non nocivos para a saúde” e lembra que, independentemente das medidas de limpeza excepcionais levadas a cabo nas diferentes dependencias municipais, convén actuar con responsabilidade, adoptando as medidas de hixiene e atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias.

Noticias relacionadas