
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, anunciou este xoves a posta en marcha dun novo servizo de recollida de roupa usada mediante a colocación de 75 novos contedores destinados a este fin no municipio.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno nesta provincia, Isabel Rodríguez, copresidiron esta mañá, no Concello, unha nova Xunta Local de Seguridade, neste caso para abordar o dispositivo que se porá en marcha con motivo da celebración dunha proba do Campionato de España de Mo

A concellería de Benestar e Persoas Maiores organizará este sábado, 18 de febreiro, un baile de entroido con chocolatada e doces típicos desta festividade, no Centro de Convivencia da Milagrosa, das 17:00 ás 20:00 horas.

O Goberno de Lara Méndez a través da Concellería de Muller e Igualdade, que lidera Silvia Alonso, vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña "Vive o Entroido libre de roles e estereotipos machistas", unha iniciativa da Casa da Muller por un entroido libre de sexismo dende a nenez.

Coincidindo con San Valentín, Muller e Igualdade aproveitou esta data para afastar a súa celebración de visións estereotipadas e conseguir relacións máis sás, evitando toda forma de violencia de xénero, desmitificando o amor romántico e establecendo os límites entre o aceptable e non aceptable.

“Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, ofrecerá máis de 30 programas diferentes durante este 2023 e máis dun centenar de actividades referentes a todas as disciplinas culturais e artísticas, e en todas elas se mesturará o talento lucense, do resto de Galicia e do norte de Portugal”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, mantivo un encontro cos 20 lucenses, de entre 26 e 68 anos, que están a participar no obradoiro LugoSostible 5.0, posto en marcha polo executivo municipal.

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, oferta unha nova viaxe cultural a Quiroga, enmarcada na Programación de Animación Sociocultural.

Conectarse a internet na rúa desde un portátil, un móbil ou unha PDA será agora máis fácil en Lugo.

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, programou novas actividades para a mocidade, que se desenvolverán desde febreiro ata xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »