Actualidade

Ex., 24-06-2026
Ex., 24-06-2026
Mércores, 24 de marzo de 2021
Adxudicadas por 865.000 euros as obras para a ampliación do paso soterrado da N-VI e a humanización da súa contorna

Os traballos contemplan a execución dunha nova estrutura que duplicará o ancho e alto do actual paso, así como a pavimentación dunha senda de 335 metros.

Lara Méndez: “O obxectivo é favorecer o acceso a pé e en bicileta á zona fluvial, reducindo o uso dos vehículos particulares e as emisións de CO2”.

Para a execución das obras, enmarcadas na estratexia Muramiñae, habilitarase un desvío provisional, na marxe esquerda da N-VI en sentido A Coruña.

Mércores, 24 de marzo de 2021
Lara Méndez reforza as políticas de emprego dirixidas á mocidade impulsando o programa Fórmat-T Xa! desde Xuventude

A alcaldesa de Lugo di que “damos resposta a unha das nosas preocupacións porque a pandemia agravou máis a vulnerabilidade da mocidade para acceder ao mercado laboral”.

Formaranse un centenar de mozas e mozos en 6 accións diferentes  dirixidas a potenciar a súa empregabilidade no sector agroalimentario e de servizos, onde faltan profesionais.

A iniciativa, que se desenvolverá entre abril e xuño, está destinada a persoas entre os 18 e 35 anos, e un 2% das prazas está reservada a colectivos vulnerables.

O prazo para presentar a solicitude está aberto, e poderase formalizar a inscrición a través de formulario.xuventudelugo.gal ata o 5 de abril.

Mércores, 24 de marzo de 2021
A Xunta non descarta xa a descatalogación do edificio de Correos para avanzar na Intermodal pero esixe que se modifique o PXOM

Rexeita a vía aberta nunha reunión de carácter político en setembro de 2020 para que se tramitase pola vía interpretativa, o que permitiría axilizar en varios meses os trámites.

O edificio da Estación de Tren, que se manterá, é anterior a 1893, e o de Correos é posterior a 1977, polo que non serían obxecto da mesma protección.

O cambio da ficha do Plan Xeral, aínda que pode ir a través dunha tramitación simplificada, retrasa os avances dos proxectos das estacións en 3 ou 4 meses.

Mércores, 24 de marzo de 2021
Medio Rural inviste 136.000 euros en dotar a parroquia de Adai da traída pública de auga

A Xunta de Goberno Local adxudicaba hoxe os traballos, que terán un prazo de execución de 5 meses e beneficiarán ao redor dun cento de veciñas e veciños.

A intervención permitirá estender a rede de abastecemento aos núcleos de Adai, As Cancelas, Vilamaior e Portomeilán.

Na sesión desta semana concedéronse, alén, 6 licenzas urbanísticas cuantificadas en 472.000 euros.

Martes, 23 de marzo de 2021
O centro Europe Direct Lugo abordará as claves do Pacto Verde Europeo nunha xornada online que terá lugar este venres

O evento contará coa participación de Juan González, analísta político; Roberto Bande, decano da Facultade de ADE; e J. María de Juan, fundador de EARTH

O Green Deal, impulsado pola Comisión, ten como obxectivo acadar a neutralidade climática na UE no ano 2050, garantindo unha transición xusta e inclusiva.

A retransmisión da xornada poderá seguirse a través da canle de Facebook do centro. As persoas que se inscriban recibirán un diploma de asistencia.

Os interesados poden apuntarse en: www.desenvolvelugo.org/pactoverde

Martes, 23 de marzo de 2021
Rubén Arroxo e Cristina López visitan a Praza de Abastos con integrantes da cooperativa A Carqueixa

Cristina López: “agardamos que a Carqueixa teña presenza na Praza de Abastos nun futuro próximo”

A cooperativa A Carqueixa vén de ser recoñecida co premio Aresa de desenvolvemento rural polo seu proxecto de venta online

Martes, 23 de marzo de 2021
Alumnos do CIFP Politécnico coñecerán in situ o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde, referente na construción sostible en España

Este mércores o alumnado dos ciclos de Construción e Proxectos de Edificación do centro lucense visitará as novas instalacións situadas na Garaballa.

Así mesmo, o xoves, celebrarase unha xornada divulgativa sobre o LIFE, na que se abordará a montaxe do inmoble e o desenvolvemento do barrio multiecolóxico.

Páxinas