
Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Construción e do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación do CIFP Politécnico de Lugo coñeceron no día de hoxe o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde, que o Goberno de Lara Méndez está a executar na Garaballa, no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
Esta nova instalación xa é un referente nacional, pois ven de acadar a prestixiosa certificación de proxecto FSC (Forest Stewardship Council), que garante a súa sustentabilidade, sendo o primeiro proxecto en España e dos primeiros no mundo que logra este recoñecemento.
O Impulso Verde enmárcanse no proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa LIFE e liderado polo Concello de Lugo, coa colaboración da Deputación de Lugo e o labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Politécnica de Madrid.