Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos do CIFP Politécnico coñeceron o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde

Alumnos do CIFP Politécnico coñeceron o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde

  • Tema
    • Educación,
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente
Mércores, 24 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos do CIFP Politécnico coñeceron o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Construción e do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación do CIFP Politécnico de Lugo coñeceron no día de hoxe o proceso de montaxe do edificio Impulso Verde, que o Goberno de Lara Méndez está a executar na Garaballa, no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

Esta nova instalación xa é un referente nacional, pois ven de acadar a prestixiosa certificación de proxecto FSC (Forest Stewardship Council), que garante a súa sustentabilidade, sendo o primeiro proxecto en España e dos primeiros no mundo que logra este recoñecemento.

O Impulso Verde enmárcanse no proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa LIFE e liderado polo Concello de Lugo, coa colaboración da Deputación de Lugo e o labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Politécnica de Madrid.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-do-cifp-politecnico-coneceron-o-proceso-de-montaxe-do-edificio-impulso-verde