Actualidade

Ex., 29-04-2026
Ex., 29-04-2026
Luns, 15 de setembro de 2025
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a exposición ‘Galaica’ de Diego Beyró

No marco deste programa, o centro cultural acolle do 15 ao 19 de setembro un ciclo de cine arxentino e uruguaio.

Ferreiro: “A programación do Vello Cárcere aposta por tender pontes culturais entre Galicia, Arxentina e Uruguai, reforzando os lazos históricos e culturais que nos unen”.

Luns, 15 de setembro de 2025
O alcalde de Lugo reúnese co rexedor de Viana do Castelo para avanzar de forma conxunta na posta en valor do patrimonio cultural que une a ambas urbes irmandadas

Miguel Fernández visitou hoxe a cidade do norte de Portugal, xunto ao seu rexedor e presidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre, para avanzar en futuras estratexias comúns.

Para o mandatario lucense, “Viana do Castelo e Lugo non son só dúas urbes irmandadas desde hai máis de tres décadas, senón dous pobos que medramos máis unidos cada día”.

O alcalde di que “queremos promover accións que enriquezan ás dúas cidades e impulsar iniciativas coas que involucrar ás xeracións máis novas”.

Sábado, 13 de setembro de 2025
Maite Ferreiro inaugura a exposición "SOMOS POBO FEITO EN NÓS", de Andrea Prado Rielo, que se une á oferta expositiva do Vello Cárcere

A edil destacou qeu a mostra "as cores do respecto", de Pablo del Valle, pode visitarse tamén no centro cultural.

Maite Ferreiro: "O Vello Cárcere conta en setembro con dúas novas exposicións que convidan á reflexión sobre identidade, loita cultural e diversidade, ofrecendo ao público propostas que combinan arte, memoria e resistencia".

Venres, 12 de setembro de 2025
Preséntase a 47 Semana de Cine de Lugo, coa que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

Este ano a Semana de Cine volverá encher as instalacións culturais entre o 22 e o 27 de setembro.

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua destacou o papel do grupo Fonmiñá "na promoción e difusión do cine entre a veciñanza de Lugo".

Iria Castro, deputada de Cultura e Maite Ferreiro, participaron esta mañá na presentación da Semana de Cine.

Venres, 12 de setembro de 2025
Miguel Fernández preside a toma de posesión de Pedro Felipe Pedrouzo como novo xefe do Servizo de Contratación

O alcalde subliñou a importancia desta incorporación para reforzar unha das áreas estratéxicas da xestión municipal.

No acto tamén participaron a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, e o secretario municipal, Justo Díaz Rodríguez.

“Con esta incorporación sumamos experiencia e capacidade de xestión a un servizo clave para o funcionamento da administración e para seguir avanzando nos proxectos que Lugo precisa”, destacou o rexedor.

Xoves, 11 de setembro de 2025
O Comité de Investimentos de Lugo Transforma avalía dous novos proxectos por máis de 700.000 euros

A oitava xuntaza de investimentos, celebrado na sede de Norvento, analizou operacións que reforzan a aposta pola innovación e a dixitalización como oportunidade para dinamizadar a economía lcoal.

As propostas estudadas céntranse na mellora de procesos empresariais e na xestión intelixente de edificios e infraestruturas.

O alcalde Miguel Fernández destacou ao remate da xuntanza que “estamos a captar iniciativas que colocan a Lugo na vangarda tecnolóxica e que contribúen a diversificar o tecido produtivo e a crear emprego de calidade”.

Mércores, 10 de setembro de 2025
O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

Miguel Fernández subliña que a actuación que comezou hoxe reforza o modelo de cidade verde e sostible que impulsa o Goberno local, mellorando a conexión de Lugo co río e gañando espazos naturais.

José Antonio Quiroga destaca que a colaboración institucional permite recuperar e mellorar o patrimonio fluvial e natural de Lugo, favorecendo o uso cidadán en condicións seguras e sostibles.

O proxecto conta cun orzamento de 225.000 euros achegados pola Confederación, cun prazo estimado de execución de catro meses, e cumpre un dos obxectivos fixados polo Goberno local para esta contorna.

Martes, 09 de setembro de 2025
O barrio da Ponte, escenario dunha dunha nova sesión dos cursos de cestería promovidos pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

O ciclo formativo achega a tradición dos oficios manuais ás parroquias, con gran acollida por parte das asociacións veciñais.

Cristina López: "Queremos que as parroquias e barrios de Lugo conten con oportunidades reais para participar, aprender e manter vivas as tradicións".

Martes, 09 de setembro de 2025
A Corporación Municipal asiste ao minuto de silencio para condenar un novo crime machista, que eleva a 27 as asasinadas este ano

A concentración ante a Subdelegación do Goberno serviu tamén para lembrar a Mercedes, de 47 anos, e asasinada pola súa parella en Sevilla o pasado domingo.

Páxinas