Actualidade

Ex., 08-04-2026
Ex., 08-04-2026
Luns, 23 de marzo de 2026
Lugo logra a súa conexión a primeira hora con Madrid tras o acordo entre Concello, Ministerio e Renfe

O novo servizo permitirá saír de Lugo ás 5:18 horas, facilitando a chegada á capital de España en horario temperán, ben de forma directa no tren Alvia que chega a Madrid ás 10:13 horas, ou a través da conexión co AVE en Ourense, que permitirá estar en destino ás 9:43 horas.

O alcalde puxo en valor a relevancia deste avance para a cidade: “hoxe é un día importante para Lugo, porque damos resposta a unha demanda histórica da cidade: poder contar cunha conexión útil a primeira hora con Madrid”.

O presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, destacou que o traballo conxunto desenvolvido co equipo do alcalde Miguel Fernández deu como resultado “unha colaboración moi fructífera”.

O delegado do Goberno en Galicia puxo en valor o compromiso do Goberno de España coa mellora das conexións ferroviarias e co desenvolvemento territorial, destacando que actuacións como esta contribúen directamente a incrementar a calidade de vida.

Domingo, 22 de marzo de 2026
O MIHL acolle unha nova exposición dedicada aos 40 anos de Tanxarina Títeres

A mostra ofrece ao público un percorrido polas diferentes formas estéticas do teatro de figuras e obxectos, así como polas diversas técnicas de manipulación de bonecos.

Ferreiro: “É unha oportunidade única para coñecer de preto o proceso creativo destes espectáculos e apreciar o detalle co que están feitos os bonecos, aspectos que moitas veces pasan desapercibidos".

Venres, 20 de marzo de 2026

As actuacións comezarán o vindeiro luns 23 de marzo e prolongaranse durante aproximadamente 10 días, afectando á circulación na zona.

O dispositivo inclúe restricións de tráfico, modificacións de itinerarios e sinalización específica para garantir a seguridade viaria.

Venres, 20 de marzo de 2026
O Concello de Lugo reparará un colector na Ronda das Fontiñas e activará un plan de tráfico na zona

Os traballos comezarán o luns 23 de marzo e terán unha duración estimada de 10 días, o que implicará restricións de circulación na contorna.

A actuación permitirá resolver unha incidencia na rede municipal de saneamento nun dos principais eixos viarios da cidade.

Venres, 20 de marzo de 2026
O Goberno local amplía a 180.000 euros a partida para as asociacións de Lugo de recreación histórica do Arde Lvcvs, que como novidade poderán percibir o 90% da contía por adiantado

A orzamento para estes colectivos supón o 43% do presuposto municipal destinado á festa, axudas que este ano deberán tramitar a través de subvencións nominativas.

Poderán xustificarse, de acordo á lexislación vixente, gastos por traslado e compra de materiais; montaxe e desmontaxe de campamentos; dietas; seguros; actividades divulgativas ou adquisición de vestiario de recreación histórica, entre outros.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, sinala que “ampliar a contía destinada ás asociacións que participan no Arde Lvcvs demostra o noso compromiso con elas e por seguir mellorando a festa”.

Xoves, 19 de marzo de 2026
Rubén Arroxo e Cristina López visitan o curso de restauración de mobles no barrio da Ponte, que conta cunha ampla participación veciñal

A formación céntrase na aprendizaxe de técnicas básicas para recuperar e conservar mobles, desde a preparación de superficies ata a reparación de pequenos desperfectos

A concelleira de Participación destaca a aposta por achegar formación útil ao rural e fomentar as xuntanzas nas parroquias

Xoves, 19 de marzo de 2026
Arrancan as obras de reparación do firme de Fermín Rivera que executa o Concello de Lugo

O alcalde supervisou a marcha dos traballos, que consisten no arranxo das fochancas ao longo da calzada, para garantir a seguridade do tráfico rodado e peonil nesta vía.

Mércores, 18 de marzo de 2026
A Tenencia de Alcaldía impulsa novas actuacións de mantemento para mellorar a imaxe do alumeado público

Alexandre Penas: "Trátase dunha actuación que realizamos periodicamente e que mellora enormemente a imaxe dun elemento que se pode atopar por todas as rúas de Lugo".

Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, "apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico".

Páxinas