Actualidade

Ex., 24-04-2026
Ex., 24-04-2026
Xoves, 29 de xaneiro de 2026
O Concello redistribúe aos máis de 100 integrantes dos equipos de natación do Fluvial na piscina de Frigsa, para que poidan continuar adestrando

A suba do río anegou parte das instalacións do club da Ponte, polo que a área de Deportes fixo as xestións necesarias para garantir que as e os nadadores poidan exercitarse.

Houbo que coordinar o uso destas instalacións municipais entre as e os usuarios dos distintos cursos, os do baño libre, e o uso dos clubs Porta Miñá e Waterpolo Lugo.

A actividade deportiva concéntrase nun dos vasos da piscina, polo que o resto de persoas que acoden ao baño libre non se viron afectadas.

Mércores, 28 de xaneiro de 2026
O Concello e a Deputación de Lugo impulsan, xunto coa Academia Galega do Audiovisual, uns Premios Mestre Mateo abertos á cidadanía

Proxeccións gratuítas, encontros cos protagonistas e a lectura pública de finalistas marcarán a antesala da gala, que se celebrará o 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos.

Por primeira vez, o público poderá votar a súa película favorita e participar no Pasaporte Mestre Mateo para vivir de preto a gran festa do audiovisual galego.

Mércores, 28 de xaneiro de 2026
O alcalde mantén un encontro coa veciñanza da Campiña para analizar necesidades e coordinar posibles actuacións

Miguel Fernández reuniuse cos veciños acompañado polo xefe do Servizo de Medio Ambiente para avaliar cuestións vinculadas á drenaxe, a mobilidade e a seguridade viaria.

“Estar no territorio permítenos anticiparnos, contrastar información e coordinar mellor o traballo das distintas áreas e administracións”, sinalou o alcalde, Miguel Fernández.

Mércores, 28 de xaneiro de 2026
Minuto de silencio da Corporación Local ante a Subdelegación en sinal de repulsa dos cinco crimes machistas ocorridos no que vai de ano

Os asasinatos destas mulleres por violencia machista, que deixaron a cinco menores orfos de nai, elevan a cifra de vítimas ata as 1.348 desde o ano 2003. Estes feminicidios.

Mércores, 28 de xaneiro de 2026
Miguel Fernández presenta ao Consello Económico e Social o anteproxecto de Orzamentos para 2026

As contas municipais, que ascenden a 131,9 millóns de euros, son as máis elevadas da historia do Concello e permitirán reforzar os servizos públicos, consolidar o crecemento da cidade e impulsar proxectos estratéxicos de transformación urbana e social.

“Son uns orzamentos pensados para o presente, pero cunha clara vocación de futuro, que poñen ás persoas no centro e permiten seguir facendo de Lugo unha cidade máis cómoda, dinámica e con máis oportunidades”, destacou o alcalde.

Martes, 27 de xaneiro de 2026
O Goberno local presenta uns Orzamentos para 2026 “con ambición política e visión de futuro” que ascenden a 131,9 millóns de euros

Os Orzamentos de 2026 son os máis elevados da historia do Concello, cun incremento do investimento por habitante ata os 1.319 euros e unha clara aposta por acelerar a transformación da cidade.

“Máis habitantes, máis servizos e máis recursos por persoa: estes orzamentos demostran que Lugo avanza e que o Concello responde con ambición, responsabilidade e proxecto de cidade”, afirmou o alcalde Miguel Fernández.

As contas reforzan o escudo social, impulsan a transformación urbana e consolidan investimentos estratéxicos en patrimonio, medio ambiente, seguridade e deporte.

O proxecto orzamentario inclúe importantes investimentos en mobilidade, espazo público, cultura e participación, con actuacións en barrios, zonas industriais, contornas escolares e grandes eventos da cidade.  

“Estes orzamentos permítennos seguir transformando Lugo, mellorando o espazo público, a mobilidade e a vida diaria da xente, para que a cidade siga a camiñar cara adiante”, afirmou o tenente de alcaldía, Rubén Arroxo.

O proxecto orzamentario será elevado aos órganos municipais para iniciar a súa tramitación e debate, marcando a folla de ruta do Concello para o ano 2026.

Luns, 26 de xaneiro de 2026
Primeira reunión do alcalde coa nova Asociación Cultural Lugo Sur para coñecer as súas liñas de actuación como colectivo divulgador

Miguel Fernández brindou a colaboración do Concello nas actividades de promoción e difusión do coñecemento en distintos ámbitos, dirixidos a todo o municipio.

Domingo, 25 de xaneiro de 2026
24 exposicións formaron parte da oferta cultural do Vello Cárcere e do MIHL

Maite Ferreiro, edil de Cultura, afirmou que "achegamos unha gran selección de propostas, unindo artistas galegos e lucenses con artistas de proxección internacional".

Ferreiro: "Seguimos apostando por traer a Lugo unha programación cultural de calidade".

Sábado, 24 de xaneiro de 2026
Cristina López visita Galegos onde rematou o curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López: "Seguimos a achegar cursos ás distintas parroquias, fomentando a transmisión de coñecementos entre a veciñanza".

A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo.

Páxinas