Actualidade

Ex., 16-04-2026
Ex., 16-04-2026
Venres, 27 de marzo de 2026
O Auditorio Fuxan os Ventos lembra ao grupo cunha exposición sobre a súa historia

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, acompañados por integrantes de Fuxan os Ventos abriron no auditorio a exposición conmemorativa "Fuxan os Ventos, 50 anos de historia".

Venres, 27 de marzo de 2026
Concello e CIFP As Mercedes presentan a unidade móbil de drones para Protección Civil, que permitirá respostas máis rápidas e efectivas ante as emerxencias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou esta mañá na presentación da unidade móbil de drones para Protección Civil, un proxecto pioneiro que naceu hai anos da colaboración do Concello de Lugo e o CIFP As Mercedes.

Venres, 27 de marzo de 2026
O Concello impulsa no centro comercial As Termas a posta en funcionamento dun punto seguro contra a violencia de xénero

O alcalde de Lugo, acompañado pola concelleira de Muller e Igualdade, e polo subdirector de As Termas, Marcos González, procederon esta mañá a apertura do punto seguro nesta gran superficie, unha iniciativa pioneira impulsada desde o Concello de Lugo, a través da citada

Venres, 27 de marzo de 2026
Ana González Abelleira recibe no Concello a un grupo de 39 nenos e nenas do CEIP Sagrado Corazón

A concelleira de Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, recibiu no Concello de Lugo a un grupo de 39 nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEIP Sagrado Corazón, que visitaron a Casa Consistorial para coñecer de primeira man o funcionamen

Venres, 27 de marzo de 2026
O operativo especial de limpeza do Concello de Lugo recolle 4,8 toneladas de residuos tras a festa da Carballeira e restablece a normalidade en apenas dúas horas e media

O operativo especial de limpeza activado pola área de Transición Ecolóxica recolleu un total de 4.860 quilos de residuos na Carballeira de Fingoi tras a celebración estudantil que tivo lugar durante a noite do mércores ao xoves.

Xoves, 26 de marzo de 2026
Rubén Arroxo: "O 12 de agosto, Lugo converterase no mellor punto para observar o eclipse solar"

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, o profesor Manuel Andrade, Coordenador da Área de Astronomía e Astrofísica do Departamento de Matemática Aplicada da USC, e a re

Xoves, 26 de marzo de 2026
O CEI Nodus acolle a cinco estudantes de distintos ciclos de FP e de graos da USC para desenvolver as prácticas no vivero de empresas

O CEI Nodus recibiu esta semana a cinco estudantes en prácticas, tanto de ciclos de Formación Profesional como da USC, que durante tres meses recibirán formación práctica en ditas instalacións municipais e de xeito específico nos viveiros de empresas, co obxectivo de que

Mércores, 25 de marzo de 2026
O Ministerio de Interior aproba destinar 9 millóns de euros a nova comisaría de Policía Nacional na Abella

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández anunciou esta mañá que a nova comisaría de Policía Nacional que se situará no barrio Abella contará cun investimento de 9 millóns de euros.

Mércores, 25 de marzo de 2026
Unha xornada de portas abertas no Coliving do Carmen achega á cidadanía e ao sector cultural o proceso creativo dos artistas residentes

Co obxectivo de achegar á cidadanía, e en especial ao sector cultural lucense, o que se está a facer nas primeiras residencias artísticas do Coliving Municipal do Carme, na tarde de mañá, estas instalacións acollen unha xornada de portas abertas, na que será posible acce

Martes, 24 de marzo de 2026
O Concello de Lugo pon en marcha a campaña “Luguau: Deixa a súa pegada, non os seus ouriños” con reparto de kits de limpeza en distintos barrios da cidade

O Concello de Lugo, a través da iniciativa EcoLugo e en colaboración coa Concellería de Transición Ecolóxica, pon en marcha a campaña “Luguau: Deixa a súa pegada, non os seus ouriños”, unha acción de sensibilización dirixida ás persoas propietarias de cans

Páxinas