Actualidade

Ex., 29-04-2026
Ex., 29-04-2026
Luns, 17 de novembro de 2025
As obras de unión entre os paseos do Rato e do Miño entran na súa recta final e completarán o gran cinturón verde de Lugo

As obras que permitirán unir os paseos fluviais do Rato e do Miño, e que completarán o gran cinto verde de Lugo, entran xa na súa recta final.

Domingo, 16 de novembro de 2025
Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou a 4ª edición da Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola Asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza.

Domingo, 16 de novembro de 2025

As obras que Xestur está a executar no polígono empresarial das Gándaras, e que afectan ás ampliacións contempladas nas fases IV e V, obrigarán ao corte do subministro de auga o vindeiro martes, 18, a partir das 07.00 da mañá, en varias zonas de Lugo.

Venres, 14 de novembro de 2025
O Concello de Lugo consolida o avance da xestión urbanística e reforza o seu papel como motor de desenvolvemento económico da cidade

 O edil de Urbanismo,Jorge Bustos fixo esta mañá  un extenso balance dos avances acadados nos últimos meses en materia de xestión urbanística, un ámbito clave para o crecemento ordenado da cidade e a activación de proxectos que xeran emprego e actividade

Venres, 14 de novembro de 2025
A área de Cohesión Social desenvolverá un programa para avanzar nos dereitos aos servizos sociais da infancia e da adolescencia

 A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, asiste estes días en Fuenlabrada, Madrid, ao XXXII Congreso Anual de la AEDYGSS, (Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales), que este ano aborda o dereito aos Servizos Sociais da infancia e da adole

Venres, 14 de novembro de 2025

A Concellería de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo vén de elaboraro o plan de tráfico para as obras de renovación do colector de saneamento da rúa Chantada, que afectarán ao treito desta rúa comprendido entre o número 40 e a rúa Xermán Alonso.

Venres, 14 de novembro de 2025
Maite Ferreiro anuncia nova programación cultural para o Auditorio Fuxan os Ventos e o MIHL

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou 5 novas actividades culturais que terán lugar no Auditorio Fuxan os Ventos e no MIHL entre o 6 e o 28 de decembro.

Xoves, 13 de novembro de 2025
O alcalde de Lugo elixido novo presidente do Eixo Atlántico co obxectivo de seguir avanzando en metas comúns

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Lugo, elixiu ao alcalde lucense, Miguel Fernández, como presidente do Eixo Atlántico para os dous próximos anos.

Xoves, 13 de novembro de 2025
Rubén Arroxo presenta un estudo de accesibilidade de edificios públicos pioneiro en Galiza

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por Pablo González, do Colexio de Arquitectos Técnicos da Coruña, Javier Núñez, do colexio de Lugo, Antonio Arias, de Pontevedra e José Grandío, do Consello Galego de Accesibilidade, presentaron un estudo

Mércores, 12 de novembro de 2025
Miguel Fernández: “Lugo e Viana do Castelo non son só cidades irmandadas, senón urbes con estratexias comúns centradas no eido do patrimonio”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta tarde a visita oficial do seu homónimo de Viana do Castelo, Luís Nobre, desde que o lucense é rexedor.

Páxinas