Código:
405
Presentación:
Online
Descarga
- Ámbito
- Destinatario
Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, que se presentará de acordo cos modelos dos ANEXOS:
Documentación xeral:
- Fotocopia do NIF da entidade.
- Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante.
- Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación.
- Certificación da conta bancaria da asociación.
- Declaración responsable a achegar coa solictude (ANEXO.-Declaración responsable solicitude).
- Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela.
- Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
- Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ámbolos dous.
- Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal.
- Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia dun departamento de muller e igualdade, se fose o caso.
- Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller.
- Calquera outro documento que se considere de interese para acadar unha mellor avaliación da solicitude.
- Descrición do programa de actividades a realizar, cunha relación gastos/ingresos (ANEXO.- Descrición das actividades a desenvolver), que poderá vir acompañado do proxecto que se estime máis conveniente co fin de acadar unha mellor avaliación.
Prazo de presentación:
-
15 días hábiles dende a publicación no BOP (ata o 14 de agosto).

