Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Solicitude de subvención para entidades e asociacións culturais

Solicitude de subvención para entidades e asociacións culturais

Código: 
405
Presentación: 
Online
Descarga
  • Tipo
    • Axuda | Subvención
  • Ámbito
    • Cultura
  • Destinatario
    • Asociacións, fundacións e entidades

Á solicitude xuntarase a seguinte documentación, que se presentará de acordo cos modelos dos ANEXOS:

Documentación xeral:

  • Fotocopia do NIF da entidade. 
  • Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante.
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación.
  • Certificación da conta bancaria da asociación.
  • Declaración responsable a achegar coa solictude (ANEXO.-Declaración responsable solicitude). 
  • Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela. 
  • Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ámbolos dous. 
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal. 
  • Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia dun departamento de muller e igualdade, se fose o caso.
  • Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller.
  • Calquera outro documento que se considere de interese para acadar unha mellor avaliación da solicitude.
  • Descrición do programa de actividades a realizar, cunha relación gastos/ingresos (ANEXO.- Descrición das actividades a desenvolver), que poderá vir acompañado do proxecto que se estime máis conveniente co fin de acadar unha mellor avaliación.

Prazo de presentación:

  • 15 días hábiles dende a publicación no BOP (ata o 14 de agosto).

+ info

Subvención para entidades e asociacións culturais
5.89 MB
Solicitude 405 - Solicitude de subvención para entidades e asociacións culturais
214.33 KB
Acordo 15|284

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/solicitude-de-subvencion-para-entidades-e-asociacions-culturais