Aliñacións e rasantes

Código: 
265
Presentación: 
Presencial
Descarga

A aliñación e rasante oficial poderá solicitarse para os efectos de deslinde, parcelación, reparcelación ou edificación, e terá por obxecto que o Concello, a través dos seus servizos técnicos, sinalen as aliñacións e rasantes oficiais das parcelas.

A solicitude deberá ir acompañada dun plano de situación e un plano do solar a escala mínima de 1:500 con todas as cotas necesarias para determinar a súa forma, superficie e situación respecto ás vías públicas e fincas colindantes, acotando os anchos actuais da rúa e as rasantes, debéndose reflexar tamén cantos antecedentes e servizos concurran na parcela, así como as servidumes urbanísticas con que conta.

En solo de núcleo rural, cando existan cerramentos tradicionais, será obrigatoria a solicitude de aliñacións. O Concello, en cumprimento do artigo 26.e) da Lei 2/16 do solo de Galicia e artigo 28.2 do Plan xeral de ordenación municipal,  poderá modificar a aliñación definida nos planos para conservar os muros tradicionais, podendo autorizar o seu derrubamento cando este debidamente xustificado.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?

  • Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 265, que corresponde co procedemento Y016.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación, achegará acreditación da mesma.
  • Plano de situación da cartografía municipal no que se sinale a parcela. Poderá ser solicitado á Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería, indicando a referencia catastral do ben afectado, presencialmente ou na dirección de correo electrónico planosdesituacion@lugo.gal.
  • Plano xeorreferenciado do terreo en soporte dixital, formato *.dwg, a escala mínima 1:500, con todas as cotas necesarias para determinar a súa forma, superficie e situación respecto das vías públicas e predios colindantes, acotando os anchos actuais de rúa e as rasantes, debendo reflectir tamén cantos antecedentes e servizos concurran na parcela, así como as servidumes urbanísticas coas que conte, firmado por un técnico competente para a súa elaboración.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. A alineación e rasante oficial poderáse solicitar ós efectos de deslinde, parcelación, reparcelación ou edificación e terá por obxecto que o concello, a través dos seus servizos técnicos sinalen as aliñacións e rasantes oficiais das parcelas.
  2. No solo de núcleo rural, cando existan cerramentos tradicionais, será obrigatorio a solicitude de aliñacións.
  3. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación  que se requira segundo o caso.
  4. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, suporá o desestimento da solicitude se non subsana a falla.

Onde se presenta?

No Rexistro Xeral
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

En calquera momento que o requira o interesado e  sempre que no núcleo rural existan cerramentos tradicionais.

Cal é o prazo para resolver?

Tres meses, contados dende a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?

Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Directorio