Declaración responsable para explotación de bares, atraccións, postos e outras actividades recreativas de carácter temporal en eventos festivos

Código: 
182
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación

Xunto con este impreso debidamente cuberto, aportarase a seguinte documentación:

0. Acreditación da personalidade da parte interesada (fotocopia do DNI/NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.

1. Seguro de Responsabilidade Civil (copia de póliza + recibo) ou no seu caso certificado da entidade aseguradora.

2. Para todos os postos, atraccións e instalacións que utilicen o xeren enerxía eléctrica.

  • Certificado da Instalación Eléctrica, debidamente delixenciado ante a Consellería de Industria (copia).
  • Declaración de conformidade CE ou documento acreditativo de marcado CE, no caso de máquinas compactas que non requiran Certificado de Instalación Eléctrica (copia).

3. Tarxeta da ITV (copia), cando se trate de instalacións montadas sobre vehículos transformados.

4. No caso de atraccións itinerantes de feira con acceso de público a seu interior: Certificado de revisión anual, subscrito por persoa técnica competente. Proxecto da atracción, manual de funcionamento e libro de operacións.

Concluída a instalación e antes da súa posta en funcionamento: Certificación de instalación ou montaxe, subscrito por técnico competente ou por unha entidade de certificación de conformidade municipal (ECCOM), no que se acredite que as instalacións reúnen as medidas necesarias de seguridade e solidez de todos os seus elementos.

PRAZO: Con carácter xeral a documentación anterior deberase aportar cunha antelación mínima dun mes ao da data de comezo de uso da actividade, coa excepción do Certificado de baixa tensión de conexión coa rede (dilixenciado por Industria) e do Certificado de instalación ou montaxe, que poderán aportarse antes do funcionamento da instalación (unha copia deberá quedar na instalación).

A montaxe total de cada unha das instalacións do evento deberá estar concluída 24 horas antes do seu comezo oficial.