Declaración para a instalación de tribunas, escenarios, carpas e estruturas auxiliares en eventos de carácter temporal

Código: 
181
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Xunto con este impreso debidamente cuberto, achegarase a seguinte documentación:

A). Con carácter xeral:

0. Acreditación da personalidade da persoa/entidade instaladora (fotocopia de DNI/NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución societaria no caso das xurídicas) ou, se é o caso, da persoa representante e documento que acredita a representación. 
1. Seguro de responsabilidade civil (copia de póliza + recibo) ou, se é o caso, certificado da entidade aseguradora.
2. Para todas aquelas instalacións que utilizan ou xeren enerxía eléctrica.
- Certificado da instalación eléctrica (copia), debidamente dilixenciado ante a Consellería de Industria.
- Declaración de conformidade CE ou documento acreditativo de marcado CE, no caso de máquinas compactas que non requiran certificado de instalación eléctrica.
3. Plan de autoprotección, no caso de recintos desmontables cuxa cabida supere as 2.500 persoas e naquelas instalacións que por normativa sectorial lles sexa esixible.

B). Cando se trate de estruturas que soporten público (bancadas, tribunas, plataformas e asimilables), ademais da anterior documentación, deberá achegarse copia do Certificado de Montaxe, emitido por persona técnica competente responsable da supervisión dos traballos de instalación, antes do uso efectivo por parte do público.

C). Cando se trate de estruturas que, servindo para unha utilización pública, cuxa construción se realice ad hoc, ademais da anterior documentación, presentará proxecto destas, emitido por persoa técnica competente. 

D). A Administración municipal poderá requirir motivadamente aqueloutros documentos que considere necesarios para acreditar as condicións de seguridade, salubridade, tranquilidade e calquera outra materia legalmente esixible, así como que esta documentación veña subscrita por persoal técnico competente ou entidade legalmente habilitada.  

PRAZO

Con carácter xeral a documentación anterior deberase achegar cunha antelación mínima de quince (15) días á data de comezo de uso da instalación, coa excepción das copias dos Certificados da Instalación Eléctrica e o Certificado de Montaxe, que poderán achegarse antes do funcionamiento da instalación (e cuxo orixinal deberá estar en posesión da persoa titular da mesma).