- Destinatario
Este tramite permite a transmisión do título habilitante obtido mediante licenza ou comunicación dos actos de edificación e uso do solo e subsolo.
As licenzas ou comunicacións relativas ás condicións dunha obra, instalación ou servicio serán transmisibles. O novo titular deberá comunicalo ó concello facendo expresa referencia á licenza ou comunicación que se transmite.
O cambio de titularidade realizarase sempre que non se alteren as condicións relativas á normativa de aplicación, nin ás condicións e medidas manifestadas que habilitan para a execución das obras.
Non poderan ser invocados cambios de titularidade para excluir ou diminuir a responsabilidade civil ou penal na que puidesen incorrer os titulares no exercicio da actuación.
Documentación que deberá achegar
- Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 261, que corresponde co procedemento Y006.
- Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
- No caso de actuar en representación, achegará acreditación da mesma.
- Copia da constitución da sociedade ou comunidade de bens, se a houbese.
Como cubrir a instancia / procedemento?
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.
Onde se presenta
A documentación presentarase no momento de producirse o cambio de titularidade, no Rexistro Xeral. De luns a venres, de 9:00 a 14:00 no Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197.
Custe e pagamento do trámite
Taxa segundo Ordenanza fiscal número 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.