Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicación da transmisión do título habilitante (licenza urbanística ou comunicación previa)

Comunicación da transmisión do título habilitante (licenza urbanística ou comunicación previa)

Código: 
261
Presentación: 
Presencial
Descarga
  • Tipo
    • Cambio de titularidade,
    • Licenza | Autorización
  • Ámbito
    • Urbanismo, vivenda e solo
  • Destinatario
    • Cidadanía en xeral

Este tramite  permite a transmisión do título habilitante  obtido mediante licenza ou comunicación dos actos de edificación e uso do solo e subsolo.

As licenzas ou comunicacións relativas ás condicións dunha obra, instalación ou servicio serán transmisibles. O novo titular  deberá comunicalo ó concello facendo expresa referencia á licenza  ou comunicación que se transmite.

O cambio de titularidade  realizarase sempre que non se alteren as condicións relativas á normativa de aplicación, nin ás condicións e medidas manifestadas que habilitan para a execución das obras.

Non poderan ser invocados cambios de titularidade para excluir ou diminuir a responsabilidade civil ou penal na que puidesen incorrer os titulares no exercicio da actuación.

Documentación que deberá achegar

  • Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 261, que corresponde co procedemento Y006.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal [1].
  • No caso de actuar en representación, achegará acreditación da mesma.
  • Copia da constitución da sociedade ou comunidade de bens, se a houbese.

Como cubrir a instancia / procedemento? 

  1. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  2. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.

Onde se presenta

A documentación presentarase no momento de producirse o cambio de titularidade, no Rexistro Xeral. De luns a venres, de 9:00 a 14:00 no Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. 

Custe e pagamento do trámite

Taxa segundo Ordenanza fiscal número 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

+ info

127.8 KB
Solicitude 261 - Comunicación da transmisión do título habilitante (licenza urbanística ou comunicación previa)

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/comunicacion-transmision-titulo-habilitante

Ligazóns:
[1] mailto:tasasobras@lugo.gal