- Ámbito
- Destinatario
Documentación que deberá achegar
A). Xunto con este impreso debidamente cumprimentado, deberase achegar a seguinte documentación mínima:
0. Acreditación da personalidade da parte interesada (DNI/ NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.
1. Memoria descritiva dos actos, indicando as datas e horarios de desenvolvemento, e medios auxiliares.
2. Plano con suficiente detalle do chan afectado polo evento e ocupación das instalacións.
3. Seguro de responsabilidade civil (copia de póliza + recibo) ou, se é o caso, certificado da entidade aseguradora.
4. Certificado da instalación eléctrica, (copia do orixinal debidamente diligenciado ante o departamento autonómico competente en materia de industria) de grupos electróxenos, cadros eléctricos, infraestrutura auxiliar, etc.
B). A anterior documentación complementarase nos seguintes casos:
5. Cando existan bens de interés cultural/natural nas proximidades, indicaranse estes nun plano e describiranse na memoria as medidas existentes ou previstas para garantir a indemnidade dos ditos bens.
6. Cando o solo a ocupar non sexa de titularidade municipal achegarase autorización da persoa titular.
7. Cando para o desenvolvemento dos actos sexa necesario corte do tráfico viario/peonil sinalaranse en plano os tramos que o precisen, indicando a data e horario do corte.
8. Cando se prevexa o uso de equipos de megafonía ou os actos desenvólvanse en horario nocturno, achegarase estudo acústico emitido por técnico competente especificando as áreas con usos sensibles (residencial, sanitario, educativo, etc.), valorando a incidencia acústica nas mesmas e as medidas para minimizar as molestias.
9. Requirirase presentación de plan de autoprotección, estando sometido neste caso o evento a licenza ou autorización, cando se trate de instalacións ou locais pechados desmontables ou de tempada, cubertos total ou parcialmente, cunha cabida ou capacidade ≥ 1.500 persoas; eventos en espazos delimitados cun número de asistentes e participantes ≥ 5.000 persoas; ou eventos en espazos non delimitados cun número de asistentes e participantes ≥ 10.000 persoas.
C). 10. Con independencia da documentación da propia organización do acto, as persoas titulares/instaladoras das instalacións de carácter temporal (escenarios, tribunas, carpas, bares, postos de venda, atraccións, etc.), deberán achegar a súa propia declaración responsable utilizando o impreso específico (modelos 181 ou 182, dependendo do tipo de instalación), xunto coa documentación esixida en cada caso.
D). A Administración municipal poderá requirir motivadamente aqueles outros documentos que considere necesarios para acreditar as condicións de seguridade, salubridade, tranquilidade, dispoñibilidade de autorizacións e calquera outra materia legalmente esixible.
Prazos
A documentación anterior presentarase cunha antelación mínima dun mes con respecto á data de comezo dos actos do evento, excepto o certificado de instalación eléctrica e o certificado da execución do proxecto (no seu caso), que deberán achegarse antes do comezo do evento.
A montaxe total de cada unha das instalacións do evento deberá estar concluída 24 horas antes do seu comezo oficial.

