Xuventude promove un obradoiro de vestimenta e complementos e un torneo de xogos romanos de taboleiro como previa ao Arde Lvcvs 2024

O taller textil, gratuíto e con entrada libre, terá lugar os días 11 e 25 de maio e 1 e 8 de xuño na Casa da Xuventude en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Os participantes poderán elaborar, reutilizando materiais, os seus traxes romanos ou castrexos, facerlles complementos, bordados ou aprender a realizar tintado de teas.

Por outra banda, este sábado terá lugar a 9ª edición dos xogos romanos de taboleiro, unha actividade na que participarán 60 alumnos de 11 centros educativos da cidade.

“A través destas actividades buscamos avivar a chama do Arde Lvcvs, que en cuestión de semanas volverá a arder para rememorar as orixes da nosa cidade”, explicou Bustos.

Mércores, 08 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude promove un obradoiro de vestimenta e complementos e un torneo de xogos romanos de taboleiro como previa ao Arde Lvcvs 2024

A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, organiza nos meses de maio e xuño un obradoiro de elaboracion de vestimenta, upcycling e complementos de traxe de Arde Lvcvs e un torneo de xogos romanos de taboleiro, como actividades previas á celebración da XXIII edición da festa de recreación histórica, que terá lugar do 13 ao 16 do vindeiro mes.

O taller textil terá lugar os días 11 e 25 de maio e 1 e 8 de xuño na Casa da Xuventude en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas. “Estará aberto a toda a cidadanía sen necesidade de inscrición previa e nel as persoas participantes poderán elaborar, reutilizando materiais, os seus traxes romanos ou castrexos, facerlles complementos, bordados, aprender a realizar tintado de teas ou mesmo redeseñar a vestimenta empregada noutras edicións da festa”, explicou Bustos, quen subliñou que cada participante deberá levar o seu propio material.

Por outra banda, o edil informou que “este sábado terá lugar, así mesmo, a novena edición dos xogos romanos de taboleiro, unha actividade xa consolidada na que participarán 60 alumnos de 11 centros educativos da cidade”. O torneo terá lugar no soto do Mercado Municipal, a partir das 11:00 horas. Os centros participantes serán os seguintes: Rosalía de Castro, Illa Verde, Divino Maestro, Alveiros, Salesianos, CEIP Manuel Mallo Mallo, Galén, Franciscanos, Mercedes, Anexa e Maristas.

“En cada colexio realizáronse roldas previas e os alumnos/as que resultaron finalistas, de educación primaria, serán os que compitan este sábado”, explicou Bustos, quen destacou que “como premio, os gañadores/as do torneo participarán nunha visita guiada, organizada polo Concello, ao Castro de Baroña o vindeiro sábado, 1 de xuño”. “Deste xeito, queremos potenciar a cultura romano-castrexa e dala a coñecer entre os mozos e mozas da cidade”, engadiu.

“A través destas actividades, para todas as idades, buscamos avivar a chama do Arde Lvcvs, que en cuestión de semanas volverá a arder para rememorar as orixes da nosa cidade, atraendo a milleiros de visitantes que cada ano veñen a Lugo para disfrutar desta cita, declarada de Interese Turístico Internacional”, concluíu o edil. 

Audio

 

Noticias relacionadas