Xuventude presenta un completo programa de actividades de lecer que buscan promover a conciencia medioambiental e incentivar o pensamento crítico entre a mocidade

A programación inclúe cursos de ioga, cociña ou zumba, roteiros de sendeirismo, obradoiros medioambientais, de mantemento de biciletas ou radiocontro, entre outros.

Jorge Bustos: “Trátase de iniciativas cun forte compoñente enriquecedor vinculado á saúde persoal, o autocuidado e a relación coa contorna natural como eixos prioritarios”.

Como novidade, introdúcese a I Liga de Oratoria Intercentros, co obxectivo de incentivar o traballo en equipo e a participación cidadá entre os mozos e mozas.

As inscricións, gratuitas, atópanse abertas en: https://formulario.xuventudelugo.gal/

Mércores, 14 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude presenta un completo programa de actividades de lecer que buscan promover a conciencia medioambiental e incentivar o pensamento crítico entre a mocidade

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, presentou este mércores a programación municipal dirixida á mocidade lucense, de entre 14 e 35 anos, para os meses de febreiro e marzo e o segundo trimestre do ano. Trátase dun extenso programa, composto por máis dunha ducia de iniciativas, totalmente gratuitas, nas que poderán participar un total de 468 mozos e mozas do municipio.

“O obxectivo deste completo programa é ofertar á nosa mocidade unha serie de actividades lúdicas cun forte compoñente enriquecedor vinculado á saúde persoal, o autocuidado e a relación co medioambiente como eixos prioritarios”, explicou Bustos, quen subliñou que “deste xeito, expomos múltiples opcións para adaptarnos ás distintas inquietudes dos nosos mozos e mozas, como cursos de ioga, cociña ou zumba coa casa da Xuventude como sede”.

“Apostamos tamén por achegar aos nosos rapaces e rapazas á nosa contorna natural a través de roteiros de sendeirismo e mediante unha visita enoturistica e, como novidade, introducimos a primeira liga de oratoria, nunha clara aposta por incentivar o pensamento crítico e a participación cidadá neste rango de idade”, explicou o edil.

Tamén haberá un obradoiro medioambiental no mes de abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, que incluirá unha recollida de plásticos pola Reserva da Biosfera Terras do Miño; así como formacións de caracterización de efectos especiais; revisión e mantemento de bicicletas e vehículos de mobilidade urbana; ou un obradoiro de comunicación baixo o título “Dereito Humano á Agua. A mala xestión dos recursos naturais”, impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.

As inscricións para as diferentes actividades atópanse abertas a través da web: https://formulario.xuventudelugo.gal/  Paralelamente, manteranse as Asesorías Xuvenís que son gratuítas e confidenciais: a xurídica, os luns, de 19:30 a 21:00 horas; e a psicolóxica, os mércores, de 18:00 a 22:00 horas.

Programación completa

ZUMBA (16 h)
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: Dende o 19 de febreiro ata o 10 de xuño
Luns de 20:15 ata 21:15 horas
Prazas: 12

IOGA (15 h)
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: Dende o 1 de marzo ata o 14 de xuño.
Mércores de 20:15 ata 21:15 horas.
Prazas: 12

COCIÑA (22 h)
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: Dende o 6 de marzo ata o 29 de maio.
Mércores de 17:00 ata 19:00 horas.
Prazas: 12

VISITA ENOTURISTICA
A Ribeira Sacra
Saída: 15:00h dende a Casa da Xuventude.
Data: 16 de marzo
Prazas: 30

RUTAS DE SENDEIRISMO
Saída: dende a Casa da Xuventude
Prazas: 26
- 23 marzo: Serra do Courel. Travesía Vales do Lóuzara e o Lor. Distancia: 15 km. Dificultade: Moderada
- 27 de abril: Roteiro de montaña e glaciarismo: Vales glaciares de Manzaneda. Distancia: 13,5 km. Dificultade: Media
- 1 de xuño: Camiño natural do Cantábrico. Etapa 2ª: Praia das Catedrais – Foz. Distancia: 21 km. Dificultade: media

ROTEIROS MIX
Saída: dende a Casa da Xuventude
Prazas: 26
- 24 febreiro: Taller de rastreo de fauna salvaxe e supervivencia no medio natural. Reserva da Biosfera Terras do Miño
- 13 abril: Ioga en Ruta. Roteiro de sendeirismo con taller de ioga na natureza. Reserva da Biosfera Terras do Miño
- 4 de maio: O Bosque Comestible. Roteiro con taller de plantas comestibles e medicinais. Reserva da Biosfera Terras do Miño

I LIGA ORATORIA INTERCENTROS:
Iniciativa que serve para promover as habilidades de oratoria, pensamento crítico e traballo en equipo.
Tres categorías:
- Primeira categoría: alumnos de 3 e 4 de ESO
- Segunda categoría: alumnos de 1 e 2 de Bacharelato
- Terceira categoría: estudos de grao e posgrao da Universidade
Prazas: 16 equipos de 4 persoas para cada categoría
Inscrición ata o 15 de marzo
Datas competición: 10, 11 e 12 de maio

OBRADORIO MEDIO AMBIENTAL
Haberá unha recollida de plásticos pola Biosfera Terras do Miño.
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: 20-21 de abril
Prazas: 30

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: dende o 2 de marzo ata o 12 de maio
Prazas: 25

OBRADOIRO DE RADIOCONTROL
Lugar: Circuito de Frigsa
Datas: dende o 9 de marzo ata o 20 de abril
Horario: de 11:00 a 13:00 horas os sábados
Prazas: 18

FORMACIÓN DE CARACTERIZACIÓN DE EFECTOS ESPECIAIS
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: Dende o 21 de marzo ata o 18 de abril
Xoves de 16:30 a 19:45 horas
Prazas: 10

REVISION E MANTEMENTO DE BICICLETAS E VEHICULOS DE MOVILIDADE URBANA
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: Sábados dende o 4 ao 25 de maio
Horario: De 16:00 a 21:00 h.
Prazas: 12

COMUNICACION DE GUERRILLA:
Imparte: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social
Obradorio: Dereito Humano á Agua. A mala xestión dos recursos naturais
Lugar: Casa da Xuventude
Datas: 8, 9 e 10 de marzo
Horario: día 8 de 19:00 a 20:30h., día 9 e 10 de 10:00 a 11:30h.
Prazas: 15

Noticias relacionadas