A inscrición para esta actividade, que busca un comportamento seguro ao volante, está aberta ata o xoves, 15 de outubro, a través do correo electrónico maisporti2020@lugo.gal. Está dirixido a mozos e mozas maiores de idade

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, abre o luns, 12 de outubro, a inscrición para a a actividade de Conducción Segura, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Co apoio de figuras relevantes no deporte do automóbil, como son os irmáns Vallejo, a actividade consiste nun curso de condución segura en vehículos, con diferentes exercicios, fomentando un comportamento seguro ao volante. Realizaranse exercicios con vehículos onde se experimente o funcionamento e eficacia dos sistemas de seguridade que hoxe incorporan os vehículos (ABS, control de estabilidade e control de tracción, entre outros). As persoas participantes, a bordo dos vehículos da Escola e acompañados de monitores especializados, realizarán diferentes exercicios de freada e percorridos educativos con lentes que simulan as condicións de condución psicofísica baixo a influencia do alcol.
As persoas destinatarias son mozos e mozas de 18 a 40 anos, empadroados en Lugo. Poden inscribirse ata o 15 de outubro a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, incluíndo no título do correo o nome do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento.
Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das seguintes datas e horarios:
GRUPOS |
DATAS
|
HORAS |
HORARIO |
PRAZAS |
LUGAR |
1 |
23-10-2020 (teórica)
|
8 |
de 16.30 a 20.30 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
24-10-2020 (prácticas)*
|
de 10.00 a 14.00 |
||||
de 16.00 a 20.00 |
|||||
2 |
23-10-2020 (teórica)
|
8 |
de 16.30 a 20.30 |
12 |
Racing Wolf Sport
(Polígono Ceao) |
25-10-2020 (prácticas)*
|
de 10.00 a 14.00 |
||||
de 16.00 a 20.00 |
Esta actividade súmase ás xa impartidas de navegación 4x4 e autorrescate 4x4 e á ximkana do motor, que se desenvolve ao longo de dous sábados e domingos deste mes de outubro.