Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude abre o luns a inscrición para a actividade de Conducción Segura, que impartirán os irmáns Vallejo

Xuventude abre o luns a inscrición para a actividade de Conducción Segura, que impartirán os irmáns Vallejo

A inscrición para esta actividade, que busca un comportamento seguro ao volante, está aberta ata o xoves, 15 de outubro, a través do correo electrónico maisporti2020@lugo.gal [1]. Está dirixido a mozos e mozas maiores de idade

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Seguridade
Venres, 09 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude abre o luns a inscrición para a actividade de Conducción Segura, que impartirán os irmáns Vallejo

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, abre o luns, 12 de outubro, a inscrición para a a actividade de Conducción Segura, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas. Co apoio de figuras relevantes no deporte do automóbil, como son os irmáns Vallejo, a actividade consiste nun curso de condución segura en vehículos, con diferentes exercicios, fomentando un comportamento seguro ao volante. Realizaranse exercicios con vehículos onde se experimente o funcionamento e eficacia dos sistemas de seguridade que hoxe incorporan os vehículos (ABS, control de estabilidade e control de tracción, entre outros). As persoas participantes, a bordo dos vehículos da Escola e acompañados de monitores especializados, realizarán diferentes exercicios de freada e percorridos educativos con lentes que simulan as condicións de condución psicofísica baixo a influencia do alcol.

As persoas destinatarias son mozos e mozas de 18 a 40 anos, empadroados en Lugo. Poden inscribirse ata o 15 de outubro a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, [2] incluíndo no título do correo o nome do curso, e no texto do mail: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento.

Non se admiten inscricións antes da data indicada. No momento da inscrición, tamén no corpo do mail, débese indicar o grupo no que inscribirse, en función das seguintes datas e horarios:

 

GRUPOS

DATAS

 

HORAS

HORARIO

PRAZAS

LUGAR

 

 

1

23-10-2020 (teórica)

 

 

8

de 16.30 a 20.30

 

12

Racing Wolf Sport

 

(Polígono Ceao)

24-10-2020 

(prácticas)*

 

de 10.00 a 14.00 

de 16.00 a 20.00

 

 

2

23-10-2020 (teórica)

 

 

8

de 16.30 a 20.30

 

12

Racing Wolf Sport

 

(Polígono Ceao)

25-10-2020 

(prácticas)*

 

de 10.00 a 14.00 

de 16.00 a 20.00

 

Esta actividade súmase ás xa impartidas de navegación 4x4 e autorrescate 4x4 e á ximkana do motor, que se desenvolve ao longo de dous sábados e domingos deste mes de outubro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-abre-o-luns-inscricion-para-actividade-de-conduccion-segura-que-impartiran-os-irmans

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal
[2] mailto:maisporti2020@lugo.gal,