Unha axente da Policía Local toma posesión en comisión de servizos nun acto presidido pola Alcaldesa

Martes, 23 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha axente da Policía Local toma posesión en comisión de servizos nun acto presidido pola Alcaldesa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este martes a toma de posesión dunha axente, M.L.P., con praza en Viveiro, que vén, a través dunha comisión de servizos por un período dun ano a Lugo. No transcurso do acto, ao que tamén asistiu o Xefe da Policía Local de Lugo, a rexedora deulle a "benvida á cidade e desexoulle o mellor no seu labor, porque tamén será o mellor para a cidadanía de Lugo".

Noticias relacionadas