Lugo recibe 3 Pajaritas Azules no 10º aniversario dun programa referente en reciclaxe de papel e cartón

Mércores, 27 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe 3 Pajaritas Azules no 10º aniversario dun programa referente en reciclaxe de papel e cartón

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recolleu en Madrid as 3 Pajaritas Azules coas que ASPAPEL e REPACAR recoñeceron o compromiso do Concello de Lugo coa reciclaxe de papel e cartón.

O acto serviu ademais para conmemorar o 10º aniversario deste programa, convertido xa nun referente estatal na mellora da recollida selectiva e na promoción dun modelo máis eficiente e sostible de reciclaxe.

Elena Candia mostrou o seu agradecemento por un recoñecemento que “ao esforzo colectivo de moitos lucenses para seguir avanzando nun modelo máis sostible”.

Lugo foi un dos concellos galegos distinguidos nesta edición con tres Pajaritas Azules, dentro dun programa que ao longo da última década recoñeceu o traballo das administracións locais na mellora da xestión e reciclaxe do papel e cartón.

Noticias relacionadas