O Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima á veciñanza e aos turistas a descubrir o Espazo Relembra na Tinería dedicado á vestimenta galega

Domingo, 24 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima á veciñanza e aos turistas a descubrir o Espazo Relembra na Tinería dedicado á vestimenta galega

• Elena Candia: “o que hoxe inauguramos é algo máis que un espazo expositivo, é algo máis que un proxecto cultural é un proxecto de vida de Teresa Astorgano e a súa familia

Sábado 23.05.2026.- A alcaldesa de Lugo explicou na súa intervención que Espazo Relembra da vestimenta galega que “é algo máis que un espazo expositivo ou un proxecto cultural ” matizando que é “o proxecto de vida de Teresa Astorgano e da súa familia arredor do estudo e conservación do traxe tradicional galego”. Elena Candia aradecía “o seu xesto de xenerosidade por compartir este proxecto de vida cos lucenses e con todas aquelas persoas que nos visiten.

A alcaldesa puxo en valor os anos de recompilación, as moitas horas de investigación, e traballo desenvolvidos polo Grupo Etnográfico Traxandaina ao redor do estudo do traxe galego, converténdose nun referente no estudo da vestimenta tradicional galega e das particularidades propias de cada zona de Galicia.

O local onde esta tarde se inaugurou Espazo Relembra está situado nun dos baixos das vivendas propiedade da Xunta de Galicia na rúa do Miño, número 14. Elena Candia destacou tamén a importancia da coordinación entre distintos departamentos da Xunta para facer realidade un proxecto. Neste sentido, explicou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo asumiu a rehabilitación do inmoble, mentres que a Consellería de Cultura colaborou na musealización e acondicionamento do espazo.

A alcaldesa incidiu ademais na importancia de continuar dotando de contido cultural e dinamización unha contorna histórica como a Tinería, impulsando proxectos que contribúan a revitalizar este barrio a través da cultura, da tradición e do patrimonio galego que concluía a súa intervención asegurando que “o traxe tradicional forma parte da nosa historia, da nosa identidade e da memoria colectiva de Galicia.

Traxandaina xa contaba cun importante espazo de difusión no ámbito dixital impulsada coa colaboración de Política Lingüística e dende hoxe xa conta tamén cun espazo físico aberto á cidadanía.

Multimedia

  • O Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima á veciñanza e aos turistas a descubrir o Espazo Relembra na Tinería dedicado á vestimenta galega
  • O Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima á veciñanza e aos turistas a descubrir o Espazo Relembra na Tinería dedicado á vestimenta galega

Noticias relacionadas