
Con esta actuación se mellora a seguridade e a mobilidade neste punto e se dá resposta ás reiteradas peticións trasladadas por empresarios e usuarios desta zona industrial, que levaban 4 anos advertindo das molestias e riscos que ocasionaba o mal estado da vía.
Esta intervención “é un exemplo de que cando existe coordinación entre as distintas áreas municipais e vontade de resolver os problemas, as solucións chegan” destacando que cuestións básicas como esta non poden permanecer anos pendentes de solución.
Desde o Concello insisten en que entre as prioridades do actual executivo está atender cuestións básicas de mantemento urbano e resolver problemas enquistados que afectan tanto á actividade económica como á calidade dos servizos que recibe a cidadanía.


