Rubén Arroxo, visitou a Praza de Abastos coa concelleira responsable, Cristina López

Unha das primeiras medidas será a apertura da Ludoteca da Praza que se fará e coordinación coa Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento

“Imos buscar unha solución para o arranxo dos baños e tentaremos antender as demandas das persoas que traballan na Praza e no Mercado” afirmou Cristina López

Venres, 12 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo, visitou a Praza de Abastos coa concelleira responsable, Cristina López

Rubén Arroxo, visitou as instalacións da Praza de Abastos, acompañado da Concelleira Responsable da Área de Participación e Servizos ao Cidadáns e tamén de persoal municipal e representantes da asociación que agrupa a parte das empresarias e autónomas que explotan postos na Praza de Abastos. Cristina López sinalou que unha das primeiras medidas será a apertura da Ludoteca da Praza que se fará e coordinación coa Concellaría de Educación e Difusión do Coñecemento “o espazo para a Ludoteca está perfectamente dotado e o único que falta é poñelo a funcionar”. “A posta en marcha desta Ludoteca da Praza servirá para activar o comercio na propia Praza e no Mercado Municipal e tamén en todo o casco histórico”. A posta en marcha da Ludoteca será, en principio, durante a mañá dos sábados.

“Imos buscar unha solución para o arranxo dos baños e tentaremos antender as demandas das persoas que traballan na Praza e no Mercado” afirmou Cristina López que percorreu boa parte dos postos da Praza de Abastos, ademais anunciou que proximamente visitará o Mercado “queremos coñecer polo miudo a opinión de todas as persoas que traballan nestas instalacións municipais e por iso hoxe adicamos a mañá á Praza de Abastos e outro día visitaremos o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros”.

Rubén Arroxo e Cristina López puideron comprobar todas as melloras feitas nos últimos anos nesta Praza de Abastos e avanzaron “imos traballar para que a Praza e o Mercado sexan referencia comercial no centro da cidade e darlle un pulo para, tamén, convertilas en atractivo turístico”. Cristina López afirmou que as Áreas nas que ten responsabilidades de goberno o BNG traballarán de xeito conxunto para mellorar o funcionamento da Praza e do Mercado “imos acometer proxectos conxuntos coas áreas de Cultura, Turismo, Educación e Infraestruturas para que Lugo volva ter orgullo da súa Praza e do seu Mercado”.

Audio

  • A edil Cristina López, sobre a Praza de Abastos | Descargar mp3

Noticias relacionadas