Rubén Arroxo e Felipe Rivas reúnense coa FAPACEL

Arroxo: “a concellería de educación realizou un gran esforzo este ano para mellorar o procedemento de concesión das axudas para libros de texto e material escolar”

O Tenente Alcalde afirmou que “a educación é unha competencia directa da Xunta, os concellos ano a ano realizamos grandes esforzos para cubrir as necesidades das que o goberno galego non se responsabiliza”

Sábado, 11 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Felipe Rivas reúnense coa FAPACEL

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e o edil de Educación e difusión do coñecemento, Felipe Rivas, mantiveron unha xuntanza coa FAPACEL para poñer en común as necesidades dos centros de ensino de Lugo. O Tenenete Alcalde destacou que “este ano a concellería de educación avanzou nos distintos trámites dos que é responsábel, chegando a mellorarse a tramitación das axudas para libros de texto e material escolar en 3 meses con respecto a anos anteriores”.

Rubén Arroxo afirmou que “este ano o Concello de Lugo mellorou tamén o servizo de comedores prestado aos distintos centros de ensino”. A mellora na situación sanitaria permitiu que este ano se puideran cubrir todas as prazas de usuarios fixos do servizo, mentres que o servizo de madrugadoras e madrugadores acollerá a todos os usuarios fixos e esporádicos.

“O servizo de comedores e as axudas para libros de texto son os dous servizos máis importantes que presta a concellería de Educación”, destacou Rubén Arroxo, que engadiu “trátase de facilitar que todas as familias teñan acceso ao material escolar independentemente do seu poder adquisitivo, ou de permitir unha cuestión tan importante como a conciliación”.

“O concello de Lugo realiza anualmente un gran esforzo tanto económico como administrativo para cubrir servizos que a Xunta non facilita ás familias”, declarou o Tenente Alcalde, que afirmou “seguiremos traballando para que o goberno galego se faga cargo das súas responsabilidades”.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Felipe Rivas reúnense coa FAPACEL
  • Rubén Arroxo e Felipe Rivas reúnense coa FAPACEL

Noticias relacionadas