Publicadas as listaxes provisionais de admitidos nas Escolas Infantís Municipais

As persoas interesadas poden consultalas nun prazo de 10 días, do 18 ao 31 de maio, no Taboleiro do Concello, nas Oficinas Municipais de Educación ou nas catro escolas: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer

Venres, 18 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de publicar este venres, as listaxes provisionais de nenos e nenas admitidos nas catro escolas infantís municipais, creadas e mantidas, polo Concello: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer, así como, as solicitudes desestimadas e as listaxes de agarda relativas á convocatoria anual de 238 prazas para o vindeiro curso 2018/2019.

As persoas que o desexen poden consultalas, do 18 ao 31 de maio, no Taboleiro de Edictos do Excmo. Concello, no Taboleiro Informativo das Oficinas Municipais de Educación, no Centro de Convivencia de Uxío Novoneyra ou nas catro Escolas Municipais. A partir deste día 31, resolveranse, se fora preciso, as solicitudes e alegacións presentadas, para logo publicar as listas definitivas e comezar cos procesos de formalización de matrícula para o vindeiro curso.

Un ano máis, o Concello pon a disposición dos cidadáns, nas catro escolas infantís municipais un total de 238 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, das que se reservan 21 en cada escola para os/as matriculados no curso actual e 3 prazas de emerxencia social en cada unha delas. Nesta ocasión, demóstrase, como cada ano, o éxito da convocatoria, pois foron un total de 400 solicitudes as presentadas nas catro escolas infantís municipais.

Noticias relacionadas