Prazas dispoñibles para nenos e adultos na programación de animación sociocultural do Concello no Uxío Novoneyra

Todas as persoas que queiran inscribirse nestes cursos poden facelo en horario de 9:00 a 13:00 horas nas propias instalacións do centro

Mércores, 23 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social, Igualade e Inclusión, que dirixide Ana González Abelleira, informa de que quedan prazas nalgúns dos cursos de animación sociocultural ofertados polo Concello no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, polo que aquelas persoas que o desexen poden inscribirse neles dende o día de hoxe ata que se chegue ao número máximo previsto polo Concello. Todos os interesados en inscribirse nestes cursos poden facelo en horario de 9:00 a 13:00 horas no propio centro. O custe varía dende a súa gratuidade ata os 20 euros pola actividade completa.

Os cursos para adultos nos que aínda se pode inscribir os veciños e veciñas de Lugo son os de Cine Club e Club de Lectura e nas Aulas abertas de pintura, calceta e costura. Os nenos e as nenas que así o desexen tamén poden realizar as súas solicitudes nos obradoiros Uxío mola!, de 6 a 9 anos, e Radio Uxío, para maiores de 16 anos.

Por parte da entidade local preténdese completar toda a oferta das actividades programadas para este ano, oferta que alcanza os 128 obradoiros para máis de 2.000 lucenses. En concreto no centro Uxío Novoneyra había dispoñibles 387 prazas.

Esta ampliación de inscricións vén a reforzar a vontade do Concello de darlle prioridade ao benestar social e tentar de mellorar, na medida do posible, a calidade de vida da veciñanza de Lugo.

Máis información na web www.lugo.gal ou no teléfono de atención cidadá 010.

Audio

  • Ana Abelleira, sobre as prazas dispoñibles para os cursos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra |Descargar mp3

Noticias relacionadas