Os cidadáns escollen os xéneros musicais que formarán parte do programa do San Froilán 2016

As votacións poden facerse nas redes sociais oficiais de Facebook e Twitter destes festexos ata finais de maio

Venres, 15 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo xa comezou cos preparativos do San Froilán 2016. Tras manter a primeira reunión da Comisión de Festas o pasado 23 de marzo, a entidade local abriu unha votación popular para escoller os xéneros musicais que formarán parte do programa destes festexos. Pódese seleccionar entre 15 variedades, blues, country, jazz, ritmos latinos, música folk e tradicional, heavy metal e punk, hip hop, pop, reggae, rock, rumba e tecno. Ademais os interesados poden suxerir outro xénero.

A entidade local, que adaptará as actuacións musicais aos resultados desta enquisa social, permitíndose facer modificacións a favor da variedade, convidou a todos os lucenses e visitantes a participar nesta votación para conseguir un San Froilán ao xeito de todos e todas.

Os cidadáns poden votar a través das redes sociais oficiais destes festexos de Facebook (https://www.facebook.com/sanfroilan.info) e Twitter (https://twitter.com/SanFroilan16) ata finais de maio. 

Noticias relacionadas