Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os cidadáns escollen os xéneros musicais que formarán parte do programa do San Froilán 2016

Os cidadáns escollen os xéneros musicais que formarán parte do programa do San Froilán 2016

As votacións poden facerse nas redes sociais oficiais de Facebook e Twitter destes festexos ata finais de maio

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Venres, 15 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo xa comezou cos preparativos do San Froilán 2016. Tras manter a primeira reunión da Comisión de Festas o pasado 23 de marzo, a entidade local abriu unha votación popular para escoller os xéneros musicais que formarán parte do programa destes festexos. Pódese seleccionar entre 15 variedades, blues, country, jazz, ritmos latinos, música folk e tradicional, heavy metal e punk, hip hop, pop, reggae, rock, rumba e tecno. Ademais os interesados poden suxerir outro xénero.

A entidade local, que adaptará as actuacións musicais aos resultados desta enquisa social, permitíndose facer modificacións a favor da variedade, convidou a todos os lucenses e visitantes a participar nesta votación para conseguir un San Froilán ao xeito de todos e todas.

Os cidadáns poden votar a través das redes sociais oficiais destes festexos de Facebook (https://www.facebook.com/sanfroilan.info [1]) e Twitter (https://twitter.com/SanFroilan16 [2]) ata finais de maio. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-cidadans-escollen-os-xeneros-musicais-que-formaran-parte-do-programa-do-san-froilan-2016

Ligazóns:
[1] https://www.facebook.com/sanfroilan.info
[2] https://twitter.com/SanFroilan16